Οι πρώτες 200 γραμμές.
Ola.
É un pracer.
Non te ilusiones.
Son máis simpática por correo.
Pois…
Por fin me convidaches a saír.
Son máis de cardio que de pesas.
Non adoito levantar tanto peso. Era convidarte ou herniarme.
Por que viñeches de Londres a Nova Jersey?
Por traballo.
Son avogado en Air Cruz.
- Adoro Air Cruz. Grazas. - Grazas.
Puntual e bos petiscos.
Saúde.
Moi bos anuncios.
"Non só presido Air Cruz, tamén son piloto."
Eu odio facelos.
Facíaos meu pai, pero retirouse e tócame a min.
É o peor do cargo.
Falo xenial.
A miña exmuller vaise poñer moi celosa cando saiba que saín coa de Air Cruz.
Isto é unha cea de traballo.
A ver…
Díxome un paxariño que estás solteira.
E eu tamén, legalmente.
Seis meses perfectos.
Vaia…
- Vin para falarmos de negocios. - Si, perdoa.
Da miña exmuller non quero nin falar.
Vale.
Stacey.
Pero non é un posto inferior?
Non sei, practicar dereito internacional a nivel global é gratificante,
pero hoxe en Air Cruz dirimín unha disputa entre un viaxeiro e un can de asistencia.
Ti agochas algo. Grazas.
Dime por que marchaches.
- Dimitiches ou botáronte? - Non.
Cóntamo, son unha tumba.
O meu exmozo pegoume a sarna e non llo contei a ninguén.
Moi ben.
Air Cruz vaise expandir ó Dallas-Fort Worth.
- É un paso enorme. - Dallas.
Quero que a sala de espera sexa coma unha catedral para…
Larry.
Desculpa.
Stacey é de Dallas.
Coñecémonos alí.
Estás chorando?
Non choro.
- Larry. - Perdoa.
Será mellor pedir algo de comer.
Xa comín unha barra de proteínas.
Sabes por que veño aquí? Por estes galopíns.
Son boísimos. Case nin se nota o tequila.
Pero fixo que está aí. Pedimos auga?
Contra! É a miña canción favorita.
Deus! Encántame.
É moi boa.
Temos que bailar.
- De ningunha maneira. - Temos que bailar.
Non. É un restaurante, aquí non se baila.
Queres quedar sentado, pillabán?
Desculpen. Tanya, por favor, suplícocho.
- Non. - Deus!
Que hostias…?
Senta ou o meu mozo párteche a cara.
- Tanya. Perdoen. - Átaa curta.
Ninguén lle vai partir a cara.
Pídolles perdón. Convídoos á sobremesa.
Merda.
Entón, deixamos de deitarnos xuntos.
Ela pensaba que era culpa súa, pero…
sinceramente…
era miña.
E agora mastúrbome pensando nela.
Fago pallas á saúde da miña exmuller. Así de fodido estou.
Velaí o meu pé.
Por favor.
Paseino moi ben.
Boas noites, Tanya.
Na primeira cita non?
Es un cabaleiro.
Pois…
ata a próxima.
- Boas noites. - Boas noites.
Mira que es apoucado.
Mamá, xa cheguei.
Jackie, quérome desculpar outra vez.
Síntoo moito.
Deberías chamar…
a Stacey.
Pode estar pensando en ti.
E masturbándose?
Adeus, Larry.
Desculpa.
Ola, Frederick. Aquí tes.
Acabeino esta noite. Dállo ó señor Vance cando chegue.
Que rápido. Tes máis tempo se queres.
O señor Vance anoxarase se ten erros.
Non ten erros.
- Todo ben, Clair? - Non.
Fóra atereces, no tren hai mil graos
e súo pola roupa interior térmica.
E, ó saír, a suor conxélaseme.
E agora teño unha erupción detrás dos xeonllos.
Vaia.
Que fixeches esta noite?
- Nada. - Algo fixeches. Que foi?
Cousas persoais.
Dime unha.
Perdón, debe ser unha diferenza cultural.
Falar de temas persoais cunha compañeira
para min é inadecuado ou groseiro.
Con: "Todo ben, Clair?",
non che pregunto se estás ben, só te saúdo.
Pois, para min, se me fas unha pregunta, contesto.
Iso é unha conversa.
Xa.
- Por exemplo, onte, cando… - Bos días.
Cando me dixeches que o teu colon irritable era "intenso",
iso é algo da túa vida persoal. Enténdelo?
- E que queres que diga? - Só "todo ben".
Eu digo "todo ben", ti tamén e seguimos.
- Pero non estou ben. - Ninguén o está. Só o dicimos.
- Bo día, señora Cruz. - Bo día.
- Bo día. - Bo día.
- Bo día, señora Cruz. - Bo día.
- Ola. Que tal onte á noite? - Un pesadelo.
- Como sabe que estou solteira? - Quen non o sabe?
- Vale. - Síntocho. Fíxoche as beiras?
- E chorou. - Vou berrar.
Anóxame moito
que a xente non saiba separar o traballo da vida privada.
Ti es a excepción, vives para o traballo.
Oe.
Non me fai falta ninguén, estou centrada no traballo.
Si, señora.
- Por Deus. - A ver.
Non che debo preguntar isto, pero como dás andado?
Non mo debes preguntar. Pasa.
- Non, ti. - É a túa empresa. Vale.
Non deberías estar na casa? Ou nun hospital, parindo.
Irei ó hospital cando veña o bebé e volverei traballar ó outro día.
Será broma. Temos baixa de maternidade. Preocúpasme.
- Oe, Marcus. - Dime.
Leva isto a Xurídica.
- Vou, señora Bloom. - Grazas.
"Vou, señora Bloom"?
Lista para a declaración?
- Nerviosa. - Non. Non é nada.
Se a maior aeroliña do mundo non está demandando a alguén,
non se lles levanta.
- Sydney. - Que?
Cala, a porta está aberta.
- É certo. - A hostia.
Ti tranquila, Vance pápaos vivos.
- Si, non? - Si. Eu pagaba por velo.
Peter Vance vai papar eses monas de almorzo.
Gunderson. Son Peter Vance.
Que é esa merda de cambiar a declaración?
Peter, síntoo.
- Vai á merda. - Peter…
Escoita, cabrón,
se o teu presidente non ten outro oco, tamén lle vou declarar o cu.
Non… Peter.
Vaia se podo.
Mira o correo, aparvado.
Sabes que?
Podo… Segues aí?
Que pasa?
Non sei se era con xato ou chourizo, pero…
- Todo ben, Clair? - Pois non.
O señor Vance atragoouse co burrito do almorzo.
Por Deus. Pódense almorzar burritos ?
- Síntoo. Está ben? - Ten un tubo na gorxa.
Vai demandar a furgoneta por un anaco de salchicha excesivo.
É ese? Es Blanchflower?
Si, son.
Pois se cae o xeneral, que entre o coronel.
Vance di que es a hostia, vas ti á vista de Falcon.
- Vai ó despacho da señora Cruz. - Si.
- Por que me mirades así? - Coñeces a señora Cruz?
Non, Rachael, non tiven o pracer.
Pracer?
Gústache sentirte parvo e ter medo?
É dura. Non farfalles.
Nin quedes calado. Fala na medida xusta.
E non lle eloxies os zapatos. O peor tramo en ascensor da miña vida.
Gústalle o cheiro a lavanda, mira de cheirar así.
Non respires, odia ese son.
E, se o tes que facer,
que sexa un folgo rápido pola beira da boca, así.
- Pase. Estao esperando. - Grazas.
Boa sorte.
A hostia.
É vostede…
impresionante.
É que…
brilla.
Contra.
No comments yet. Be the first to leave one.