نخستین 200 خط.
Emerxencias, dígame.
Vivo na rúa Division
e unha explosión rebentounos as fiestras!
Axuda! Vén tras de nós!
Non podo agochar a nena!
Deus santo! Está a abrir a porta!
Señor?
Aseguróusenos durante anos que xamais nos farían dano.
Pero, esta noite, todo iso mudou,
pois robots con IA do mundo enteiro,
tanto de transporte como sanitarios e domésticos,
violaron os seus protocolos de seguridade.
As autoridades estiman que máis de 500 000 persoas
morreron en Bangalore en ataques de drons con IA.
Tras dez días de intensos ataques,
os robots con IA xa mataron un millón de civís, e non se van deter.
Identificouse un robot chamado Harlan como a primeira IA terrorista do mundo.
Creouse en Shepherd Robotics
baixo a supervisión da experta en IA Val Shepherd
e criouse coa filla desta, Atlas, de dez anos.
Fabricado para axudarnos a mellorar a vida na Terra,
Harlan é o responsable da reprogramación de todos os bots.
As autoridades seguen a pescudar como.
Se creamos algo máis intelixente ca nós, como sabemos que o damos controlado?
Isaac Asimov dixo: "Se fas un robot intelixente,
a primeira regra será que non nos dane.5"
Para combater a ameaza da intelixencia artificial,
acordamos unha resposta global nunca vista,
a Coalición Internacional de Nacións.
As forzas da CIN lanzarán contraataques inmediatos en todo o mundo.
Os robots comandados por Harlan caeron en Bucarest e Atenas,
a última da cadea de vitorias da CIN.
Tras sufrir múltiples baixas,
a IA terrorista Harlan fuxiu da Terra.
Só deixou esta mensaxe.
Sei que me buscaredes.
Volverei para rematar o que comecei.
Non hai outro xeito.
28 ANOS DESPOIS
HUMANO
Outra proba...
Dixéchesmo ti!
Que dis? Eu non dixen tal cousa! Non!
LÍMITE MÍNIMO DE MOVEMENTO
Amplía.
Vira e reconstrúe.
ANÁLISE BIOLÓXICA: ARTIFICIAL
SUXEITO ATOPADO
IA TERRORISTA
Terceiro andar, área nordés. Primeiro equipo, adiante.
Subídeo.
Emboscada! Compañeiro ferido!
Un artefacto na entrada. Precisa evacuación xa!
Recibido. Sinal térmico detectado. Estámolo a ver. O suxeito móvese.
Casca, non...
Hostias!
Quieto! Para xa, Casca!
Moi ben.
Pois veña.
Caeu o mangallón. Témolo.
OS ÁNXELES
Bo día, Atlas. Hora de espertar!
Son as 7:31 a.m., temos 20 graos e ventos do suroeste.
Calidade do aire de regular a desfavorable, cun ICA de 65.
Espertaches!
Espertei.
Queres continuar?
Continuar o que?
Levabamos 26 movementos cando adormeciches.
Tocábache a ti.
Preciso un café.
Americano moi cargado.
O teu favorito.
Dama cinco torre.
Cabalo come o alfil.
Pon o son.
...pedindo os mesmos dereitos para os tecno-sapiens.
Hai 28 anos que Harlan marchou da Terra.
Xeneral Boothe, co terrorista fuxido...
Son só na tres.
...como pode asegurarnos que estamos a salvo?
As forzas de defensa da CIN rodean o noso planeta
e destaco o incansable labor da analista antiterrorista Atlas Shepherd.
Atlas?
Como non o atopan?
Peón a seis.
Cre que segue vivo?
Sabemos que así é, sen dúbida,
e a nosa prioridade é capturalo.
Silénciaas todas agás a catro.
Tenso tiroteo a pasada noite.
As forzas especiais da CIN enfrontáronse
a unha suposta IA terrorista,
socia de Harlan, Casca Vix.
Amplía a catro.
Sospéitase que é un axente dormente
que quedou aquí cando Harlan fuxiu.
Viuse por última vez hai 30 anos
saíndo de Shepherd Robotics con Harlan...
Conxela a catro.
CAPTURADA SUPOSTA IA TERRORISTA
Hai un axente da CIN á porta.
Axente Shepherd?
Mándate Boothe?
Si, señora.
Atlas, xaque.
A dama come o cabalo. Xaque mate. Conduces ti, supoño.
ATLAS 71
COALICIÓN INTERNACIONAL DE NACIÓNS
Incluír a Atlas Shepherd nesta operación é unha idea pésima, xeneral.
Harlan é unha ameaza inminente á humanidade.
É a nosa mellor baza para que Casca fale.
O seu traballo de campo e a súa análise de Harlan son impecables.
Suspendeu catro veces o exame para ranger.
Os psicólogos din que é cuadriculada e hostil.
Ou sexa, tenaz e decidida.
Vostede é o único comandante da CIN disposto a traballar con ela.
Superou o inimaxinable.
Aos 8 anos abandonouna o pai e aos 11 matáronlle a nai.
Por iso é inestable emocionalmente.
Por iso é das nosas mellores mentes.
É antisocial.
Non coida as relacións. Non coidará nin as plantas.
Non a vou abandonar eu tamén só porque é complicada.
Señor, se falla hoxe, Casca podería pecharse en banda
e a nosa oportunidade de dar con Harlan...
esvaeceríase.
Confío en Atlas Shepherd, coronel.
E vostede tamén o fará.
Xa chegou.
Gardareime a súa opinión.
Esta conversa non existiu.
Si, señor.
AUTORIZADO
Atlas!
Por que souben o de Casca polo telexornal?
Non tiñamos claro que fose el.
Tras 28 anos, hai un tenente de Harlan cunha célula terrorista.
Sabes que significa?
Que tiña eu razón.
Significa que trama algo.
Onde está?
Aí dentro.
Atlas.
Estou ben.
Atlas.
Casca.
Canto tempo.
Estás... vella.
O tempo pasa, por iso vou saltar a cháchara.
Onde está Harlan?
E o meu avogado?
Non o levo eu.
Perdoa. Sei que as UCP sodes sensibles aos imáns, pero tiña que reiniciarte.
Este novo sistema analiza todo o código.
Podes entrar na miña cabeza.
Si, algo así.
Segues a ser unha moza lista.
Unha muller lista.
Probemos outra cousa. De que cor teño o pelo?
Que, vas tentar mapearme?
Que divertido.
Castaño.
E en realidade?
Castaño... e gris.
- Por que o tingo? - Por vaidade.
De feito, a vaidade é un dos teus defectos, pero non o maior.
Ai, non? Cal é o maior?
A desconfianza.
Que sabichona, cabeza nun maletín.
Cabeza nun maletín, pero inmortal.
CÓDIGO ATOPADO
Tanto ten. Xa o teño.
E unha merda!
Que escribes?
Non podes piratearme.
Certo é.
Tíñasmo que amosar ti.
FÓDETE, ROBOT
Demo de...
Está en GR-39, na galaxia de Andrómeda.
Cando pensaches que atopara a Harlan,
comprobaches se era verdade.
O teu medo levoume a el.
Non te anoxes.
Miña nai fíxomo cando roubei goma de mascar en 6o.
Roubaches a goma de mascar cando estabas en 5o.
A ninguén lle importou.
E menos a túa nai.
Dábasme mágoa, a verdade.
Non a facías tan feliz coma el.
Coma todos nós.
Eras un robot doméstico.
Si, ata que el me liberou
e me deu un propósito.
Tiñas razón en que son desconfiada.
Pero trabucácheste en algo.
Non es inmortal.
A axente Shepherd acaba de facer o que ninguén deu feito en 28 anos.
Deu coa localización da IA terrorista máis buscada da historia.
No comments yet. Be the first to leave one.