Spaceman

Spaceman

دانلود زیرنویس Big 5 Code

هماهنگ با نسخه‌های زیر

Spaceman 2024 NF WEB H264-RBB
ناشر sash35

برچسب‌ها

web
webrip
x264
720p
720
BRip
1080
Web-DL
web-dl
WEB-DL
TS
YTS
x265
HEVC
تاریخ انتشار: 2024-03-02
تعداد دانلود: 49
مخصوص ناشنوایان: No

پیش‌نمایش زیرنویس Big 5 Code

نخستین 200 خط.

Jakub. Vaste unir á retransmisión?

Temos que meterte.

Dáme un momento.

Veña, ho.

BASEADO NO LIBRO SPACEMAN OF BOHEMIA DE JAROSLAV KALFAR

Peter.

Xa estás dentro.

En nome do Programa Euroespacial e do pobo checo,

tras 189 días de travesía en solitario,

benvido de novo, comandante Prochazka.

Presidenta Tuma! Saúdos dende as aforas de Xúpiter.

Estou encantado de falarvos dende aquí.

Alégrome moito de volverte ver. Véxote moi ben.

Parece que a longa espera está chegando á súa fin.

Si, así é.

O motivo desta travesía está ante os meus ollos.

Asegúrovos que as imaxes que vos enviei non lle fan xustiza.

A nube Chopra é moito máis asombrosa do que poidades imaxinar.

Oxalá a puidésedes ver como a vexo eu.

Este fenómeno leva catro anos cubrindo os nos nosos ceos,

e agora o mundo está fascinado coas túas imaxes.

Son unha auténtica marabilla.

Pois ben, en menos dunha semana,

recollerei e analizarei as partículas que compoñen a nube.

Seguimos sen saber que son ou de onde proceden.

Pero en canto entre na nube Chopra,

pode que consiga revelar algúns dos misterios do universo.

Comandante, importaríache responder algunhas preguntas da xente do mundo?

Farei o que poida.

Ola, chámome Ana.

Estou en sexto de primaria.

Lin que es o home que máis só está do mundo.

Creo que o que Anna intenta dicir é que o comandante

é o que máis lonxe está de calquera na historia.

Referíaste a iso?

Non te pon triste estar tan lonxe?

É certo que estou a uns 500 millóns de quilómetros.

E si, é unha misión solitaria, pero sei que axiña volverei.

Estou case na metade do camiño da miña volta prevista á Terra

e teño moito traballo por facer.

Ademais, podo falar con xente de todo o mundo,

coma ti, e cos do centro de control.

E coa túa muller, Lenka, claro.

Falo con ela a través do CzechConnect Quantum,

máis rápido que con calquera móbil.

Iso mantennos conectados.

Falamos todos os días.

Fago isto por todos os que me esperan aí, e síntome moi orgulloso.

Non, non son o home que máis só está do mundo.

Grazas, Anna.

E grazas, comandante.

Imos facer unha pequena pausa agora

e volveremos despois da publicidade dos nosos xenerosos patrocinadores.

Antiquease non causa somnolencia.

Medicamento oficial para as náuseas da misión a Chopra de Jakub Prochazka.

Sei que estarás ben, Jakub.

Non tes medo a estar só.

Eu si que tiña medo, pero xa non.

Quérote.

Pero as persoas cambian.

E se non deixas que cambien, morren.

Teño que deixarte.

Sinto moitísimo que teña que ser xusto agora, pero…

Si?

Problemas con Lenka.

Peter, serías tan amable de aprobar outra reparación do váter?

Intentarei que os enxeñeiros o solucionen. Probaches a cambiar as xuntas tóricas?

Si, probei.

E segue facendo ruído.

Intentarémolo solucionar despois.

Pero segundo as ordes, primeiro hai que arranxar as cámaras que fallan.

A que hora tomaches onte as gotas para durmir?

Ás 20:30. Por?

Non tes boa cara. Deches durmido?

Intenteino.

Igual teño unha cara de merda

porque o váter non deixa de foderme cada noite.

Vale, entendido.

Pero saca tempo para unha sesta. Debes descansar.

Sabedes algo de Lenka?

Non. Por que o dis?

Sei que podes sentir o silencio.

Ai, meu Deus.

Cando estamos no CzechConnect…

só hai silencio.

Que sentido ten?

Está baixo moitísima presión.

Non consegue durmir.

Non llo ensinaremos.

Ímosllo ocultar?

Xa estaba preocupado por non saber dela.

Non llo diremos.

Irei falar con ela.

Pensarei que podo dicirlle.

Lenka non responde.

Se queres deixarlle unha mensaxe…

CzechConnect mantente conectado.

DORMIUM AXUDA A DURMIR ATA AS ESTRELAS

Ai…

Pero que…?

Todo listo para a simulación de recollida de mostras de Chopra.

Confirmando escenario Beta 3-3.

Simulación de recollida de mostras confirmada.

Peter, cópiasme?

Segue sen ir a cámara D?

Si. O sistema está ben, pero a cámara non funciona. O de sempre.

A metade das cámaras da nave están fallando.

Non entendo que está a pasar.

Mandarei outro informe.

Seguro que iso será de moita axuda.

Podedes mandar alguén á miña casa?

Para que?

Sigo sen saber nada dela.

Vale, atoparémola.

Non te preocupes.

Lenka non responde. Se queres deixarlle unha mensaxe…

Lenka?

Ola?

Ola.

Quen es?

Con quen falo?

Podo axudarche en algo?

Con quen carallo falo?

Ola?

Desculpa.

Peter, estás aí?

Si.

Hai interferencias.

Que raro.

É posible que hackeasen o CzechConnect?

É pouco probable. O noso sistema é seguro.

Pode haber interferencias a través da radio, pero…

Era alguén coreano?

Por que ía ser coreano?

Parece ser que os surcoreanos nos pisan os talóns.

Non era coreano.

Quedaríalle a canle aberta a alguén.

Que facemos entón?

Investigareino.

Como estás? Vai todo ben?

Si, Peter, vai todo xenial.

Por certo, acabamos de saber que Lenka foi visitar a súa nai.

Volverá nun par de días.

Si? Pois que me chame.

Pero que hostia?

Control. Instalastes unha cámara secreta na cabeza?

- Por que o dis? - Fixéstelo?

Si, por seguridade.

Actívaa agora mesmo.

Non vai. Foi das primeiras en fallar.

Ten que ser unha broma.

Jakub, que pasa? Ola?

Jakub, por que non contestas?

Vinme arrastrado polos sons meditabundos da túa tubaxe.

Non pretendía asustarte, humano fraquiño.

Jakub, que ocorre?

Non te asustes.

Ola?

Estoume volvendo tolo.

Que fas na esclusa?

Temos que descontaminar a nave!

Que? Por que?

Por precaución, por se hai algún axente contaminante a bordo.

Aquí non percibimos nada nos sensores.

Estou percibindo lecturas moi estrañas

e necesito estar seguro antes da fase decisiva da misión.

Vou poñer o traxe.

Está ben, o comandante es ti.

Dáme un minuto para confirmalo.

Peter, dime algo.

A confirmación que recibín é un tanto reticente.

Os patrocinadores pídenme que digas o slogan primeiro.

Como?

Antes de usar o descontaminante.

O slogan de Bomba.

Dous, tres…

Bomba é eficaz ó 99,999 %

á hora de eliminar calquera tipo de elemento microbiano que haxa no aire.

Ata no espazo o fai, elimina os xermes sen máis.

Bomba vai!

Vale, perfecto. Cando queiras.

Ti vas onde eu vou

e eu vou onde ti vas.

Non si, astronauta?

Jakub?

Si?

Estás ben?

Que está pasando?

Algo non vai ben.

Que non vai ben?

Jakub?

Estou ben.

Necesito falar con Lenka.

Debes falar comigo.

Xa o sei.

Son o responsable do teu benestar. Necesito que sexas claro comigo.

Seino, xa o son.

Vale. A atmosfera debería volver á normalidade nun par de minutos.

Que che indican os sensores?

DESCONTAMINACIÓN COMPLETA

نظرات

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left