Unicorn Wars

Unicorn Wars

د Spanish ژباړه ډاونلوډ کړئ

د خپرونې معلومات

Unicorn Wars (2022) AGALEGA 1080p WEBDL H264 GALiCiAN AAC 2 0
د لخوا تبصره Rovmazlot3
Galician subtitles at 50 FPS

تګونه

webdl
professional_translation
official_release
transcript
په خپور شو: 2024-10-29
ډاونلوډونه: 331
د اوریدلو معیوبیت: No

د Spanish سرليکونو مخکتنه

لومړۍ 173 کرښې.

María...

Mamá?

Onde estás, mamá?

Non, non, María! Mamá non está aí.

María...!

Mamá. (RINCHA)

Mamá!

Mamá, estás aí?

Mamaíña!

María...

Mamá?

Mamá! (RINCHA)

María...

María!

(Coro)

Veña, veña, fato de babecos! Máis rápido!

Os unicornios vanvos meter o corno polo cu tan profundamente

que vos han facer vomitar arandos pola boca!

Morea de lixo,

sodes a peor compañía que vin na miña vida.

Se vos ceibo no campo de batalla,

asegúrovos que non durades un segundo.

Que vergonza!

Quero volver para a casa!

Formación! En fila!

O que vin foi patético e lamentable, novatos!

Como pensades sobrevivir no Bosque Máxico con esa actitude?

Voume encargar persoalmente

de que a partir de hoxe aprendades disciplina!

Este é o campamento corazón:

honor, dor e mecos!

Honor, dor e mecos!

(ASUBÍA CANCIÓN)

Fíxense! As miñas proporcións son perfectas!

Uns dentes bos son síntoma de saúde.

Mira o meu foulard! É precioso!

Suave coma a pel dun bebé unicornio.

Son forte pero tenro e brandiño.

Ai, Deus santo, es tan marabilloso!

Grazas, meu amado irmán! E ti tan sedoso!

Por favor, avergónzasnos.

Mírate, non es nada fermoso.

É pola ansiedade irmanciño, xa sabes que antes non era así.

Antes, antes...

Pois agora nin es fermoso nin es amorosiño.

En cambio...

En cambio, mirade para min!

Oh!

Es precioso!

Mirade a cor dos meus ollos! Azul augamariña!

Ai! Escoite! Vostede non é tan perfecto!

Ou pensa que ninguén se decatou

de que ten engurriñas arredor dos ollos?

Si, tápaas con maquillaxe todos os días.

Pero por moito que as disimule, nótanselle.

Son feas.

Feas? Feas?

Quen é agora o feo, eh? Quen? Eh?

Pero...

Acouga!

Pegoume! Pegoume!

Xa paro, xa paro...

Irmanciño!

Pero ti por quen te tes?

Ten coidado,

os actos teñen consecuencias!

Fillo, que te preocupa?

Padre, ninguén me entende.

Eu só quero ser o mellor, o mellor soldado posible.

Chora, filliño, chora.

Na guerra pódese chorar, débese chorar.

Serás o mellor se te propós selo.

Unicamente necesitas un motivo en que crer,

algo ao que agarrarte cando as cousas non vaian ben.

Eu fíxeno con isto.

Para min?

Si, para ti.

Ai de quen beba o sangue do derradeiro unicornio,

pois converterase nun ser fermoso e eterno.

E así Deus regresará ao paraíso perdido.

Só un osiño, o elixido, realizará tal proeza.

Gordi, pensas que eu vou ser o elixido?

Paréceche que poderei ser fermoso e eterno?

Si, Azuliño, seguro que si.

Azuliño, esperta.

Que?

É que a cama está súper mollada.

Oh!

Vaia...

Tranquilo, Gordi.

Leva as sabas á lavandería e alí colles unhas limpas.

Despois cambiámolas e así ninguén se vai dar de conta.

Que listo! Grazas por ser como es.

Corazón mecoso para ti.

Corazón mecoso para ti tamén.

Ei! Espertade todos!

Eh?

Mirade! O porco de Gordi mexou por el na cama!

Fixádevos, quería facer coma se nada

e levar as sabas fóra para que ninguén o soubese!

Mexou por el!

Mirade! Agh!

A ver... Que está pasando aquí?

Señor, o recruta Gordi mexou por el, señor.

Mollou a cama toda cos ouriños.

Fíxese! Mire, mire cantos ouriños!

Oh, Deus santo, que noxo... Non pode ser! Que repulsivo!

A partir de agora, ímoslle chamar Mexón!

E ímoslle poñer cueiros para durmir!

(RIN)

Apuntade ben!

A mellor maneira de matar un unicornio

é atravesarlle o pescozo!

Así sofren un bo anaco antes de morreren...

As frechas soas non chegan

para gañar esta guerra, sarxento Caricias.

Ben feito, novato! Bos disparos!

Mágoa que non sirvan para nada comparados cos deste recruta.

Ser segundo sempre é ser o primeiro dos perdedores.

Parabéns, Coco! Demostraches que es o mellor.

Grazas, sarxento!

Recrutas! Sei que me admirades,

pero eu non vou estar sempre con vós.

Unha compañía necesita de seu un líder interno.

Recruta Coco, noméote xefe de recrutas!

Ben! Que ben! Si! Viva! Coco é o mellor! Si, o mellor.

Papá, vin aí dous peixes!

Dous! Unha parella!

Ao mellor son irmanciños ou mozos... (RI)

Os peixes namóranse?

Eh, papá? Eh, papá?

Papá! Namóranse?

Filliño, o amor é complicado.

Verás, téñoche que dicir unha cousa.

É o momento de que o saibas porque xa es grande.

A mamá e mais eu... A mamá e mais eu ímonos separar.

Ah! O que?

Pero por que?

É pola miña culpa?

Non, meu rei, iso nunca.

O que pasa que ás veces os adultos deixamos de entendernos.

É normal que a mamá non queira estar comigo.

Son un fracasado. Un patético fracasado.

Escoita, Azuliño, nunca sexas un mediocre coma o teu pai.

Tes que destacar, meu neno, tes que ser o mellor.

Se es o mellor, sempre te respectarán.

Mamá, mira!

Azuliño, corazón.

A ver! Cantos peixes pescou hoxe o meu neno?

Non me dás un biquiño?

Non me toques!

Acaso non é certo, meus fillos,

que o osiño é a verdadeira creación de Deus?

Acaso non é certo que o unicornio roubou as nosas terras fértiles,

aquel Bosque Sagrado que nos pertencía por dereito divino?

Acaso non é certo que o unicornio debe morrer?

Morte! Morte ao unicornio!

Morte ao unicornio!

Papas! Papas noxentas!

Veña, a comer!

(EXPRESIÓN DE NOXO)

Agh! Son repugnantes...

Que noxo! Por que non nos dan comida de osiños?

O Padre di que o Bosque Máxico está cheo de campos de arandos.

Si, arandos! Necesitamos arandos!

Arandos! Néctar de deuses!

Arandos! Arandos! Arandos! Arandos!

Calade, recrutas. Que é isto?

Ides comer papas noxentas ata que vos saian polas orellas!

Aquí non hai aloumiños mamíferos, nin cariños.

Aquí os mecos son de aceiro, de sangue e de dor!

Ides coñecer o que é o amor do duro, recrutas.

E ao final vaivos gustar!

تبصرې

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left