The Last House

The Last House

Galician Altyazısını İndir

Sürüm bilgisi

The Last House 2026 NF WEB H264-EDITH
Şunun yorumuyla tedi
Retail NF | 1:52:11

Etiketler

webdl
Yayınlandı: 2026-08-07
İndirmeler: 10
İşitme Engelliler: No

Galician altyazı önizlemesi

İlk 200 satır.

QUE POUCO LLE ACAE A ESTE PLANETA O NOME DE TERRA

CANDO CLARAMENTE SE DEBERÍA CHAMAR OCÉANO

PEIRAO DE PESCA PÚBLICO 21

Hai días que non pesco nada, pero es demasiado pequeno.

Vai caer unha boa.

Ten mala pinta.

Pois si.

Mellor marcho antes de que empece.

- Ata mañá. - Abur.

Todo o mundo recorda onde estaba

o día que chegou a chuvia.

Foi domingo, pouco antes do inverno.

No tempo dixeron que ía haber sol.

Parece que a borrasca xirou e avanza rápido cara á terra firme.

Espéranse chuvias intensas en toda a cidade,

con ventos de ata 50 km/h,

risco de inundacións costeiras e ondas de gran tamaño.

Queda un mes para as festas

e, con sorte, o cambio repentino de tempo…

A xente seguía coas súas rutinas matinais.

- Listo? - Si, vamos.

Daquela viviamos preto de todos…

Vale, abur.

…pero era fácil sentirse só.

Veña, rapazas, que vai chover.

Vide para dentro.

O día que chegou a chuvia

descubrimos que non estabamos sós.

O decembro pasado foi o máis cálido rexistrado na zona.

Estean atentos ás novidades.

Veña, ho.

E descubrimos ata onde chega a xente

para protexer a súa casa.

INTRODUZA O CÓDIGO

AXENCIA TRIBUTARIA URXENTE

Ei, onde vai todo o mundo?

Onde vai todo o mundo?

O meu velliño.

Bo día.

- Os cativos deixáronme durmir. - Por iso non oía nada.

Pescáchesnos o almorzo?

Si, hoxe picaron moitos.

- O mellor pescador do mundo. - Xa.

Grazas.

- Bo día. - Bo día.

- Arriba! - Donuts!

- Facemos bacon ? - Contra!

- Tranquilidade, veña. - Bacon !

- Deixádenos algo, ho. - Voitres.

- Voitres. - Préndea!

- Vale. - Pona a andar.

Deille a medicación a Cassidy, non lle deades bacon .

Ti merécelo máis ca eles.

PERDEUSE A CONEXIÓN

Papá, o streaming deixou de ir.

E eu que sei.

- A casa cae a cachos. - Cando queiras, mudámonos.

Cando nos toque a lotería, estaremos listos.

Oe.

Sabes que o digo de broma, non?

É cousa dos dous.

Mañá vén o da cheminea revisar as gretas.

- Isto é novo. - O que?

Seica os cimentos están a afundirse. O que mantén a casa en pé é a cheminea.

Vai ser unha faena se nos cae a casa mentres durmimos.

Aínda queres ir pola árbore?

- Chove. - Veña, ho.

Papá, prometíchelo. Porfa.

- Non prometín nada, fuches ti. - Papá!

- Prometíchelo. - Papá!

- Quen o prometeu? - Ti!

- Pois vamos. - Veña.

Vamos pola árbore.

- Iso! - Escollo eu!

- Axúdame a calzarme. - Sábeste calzar soa.

O patinete, fóra da casa.

Mamá, veña, vamos!

- Sempre tarda moitísimo. - Daquela, de que te sorprendes?

Axúdaa a calzarse. Esperade no coche.

Ann, veña!

- Non me metas présa. - Non, ho.

Escóndome dos nenos.

Cando imos deixar de facer o da árbore?

É Nadal, non sexas o Grinch.

- Que fixeches? - Tes que desfechala, parva.

- Xa o fixen, parvo! - Cala!

Parade xa! Sodes os dous parvos.

Non abre por culpa del.

- Fuches ti, non eu. - Ti algo fixeches.

Que non. Sempre me metedes a culpa.

É culpa túa.

Por iso son a favorita, ti só fas nelas.

- Cala, es un bebé. - Non son bebé tal!

Teño oito anos.

Que fixestes?

- Nada! - Nada!

Cala, Cass.

Veña, Cass, para.

- Por que non subistes ao coche? - Non abre.

- Non podemos saír. - Non abre ningunha porta.

- A ver, rapaces. - Vou probar coas ventás.

Vale.

Isto é absurdo.

Si, é unha broma. Adolescentes.

Colaron todas as ventás e as portas, ou algo así, non?

Non é broma.

Cala, Cass.

Non teño cobertura.

Sen conexión. Sen wifi.

Proba a enchufar e desenchufar o router .

- Pagaches a factura? - Paguei.

Cass, tranquila.

Agora tes cobertura?

- Nada. - Mamá, papá.

As ventás do meu cuarto tamén están coladas.

Están atrancadas.

- Cass, está calada! - E se intentamos… Graham, cala!

- Papá, estás ben? - Estás ben?

- Estás ben? - Si.

Si, estou ben.

Non foi nada.

Vale.

Que está…? Papá!

- Non entendo. - Atrás.

- Por que? De que falas? - Papá!

- Non! - Atrás, deixádeme a min.

Jason, non!

- Para! - Mamá!

- Para! - Papá!

Mamá.

Papá.

Nenos.

Papá, mira!

- Mi ma. - Non somos os únicos.

- Non podemos saír. - Vén alguén.

Si.

- É a veciña de en fronte. - A muller de Greg.

Como se chame.

- Faille un sinal. - Susan!

Susan, pide axuda!

Estamos encerrados! Pide axuda!

- El tampouco pode saír. - Veño agora.

Vale, ben. Vai pedir axuda.

- Vai pedir axuda. - Si.

Xenial, todo ben.

- Non pasa nada. - Vale, si. Xa!

Non…

Non pasa nada.

Si, tranquilos.

Vale, vamos ver que fan os veciños.

- Coñecédelos a todos? - Case.

Os Richardson viven en fronte. Teñen tres netos.

- Max é dentista, creo. - Si.

Ah, chámase así.

O da bici.

- O da bici? - Sempre anda cun maillot ridículo.

É Greg, a súa muller foi pedir axuda.

Por que non volveu?

Tranquilo, logo ha de volver coa policía.

Despois está o entremetido.

- Como se chama? - Ou, ho. Sabes o nome dalgún veciño?

Si, o da pesada esa do can.

E de quen máis?

Ah, si, o do imbécil do barco.

Como se chamaba?

"A toda vela"?

Hai que ser imbécil.

Moi ben.

Ann.

- "Só quería botar un foguete, ha, ha." - Ai, non.

- Iso que é? - Cando un adulto queda a durmir.

E que diferencia hai entre que quede un adulto e un neno?

Pois cando quedan adultos…

Énchense de lambetadas.

Que divertido.

Supoño, non sei.

"O goberno?"

Ei!

Levoume moito tempo.

Non foi tanto.

"Pode ser, pero por que?"

"Por seguridade?"

Ollo, o imbécil do barco ten outro cartel.

Extraterrestre escríbese así?

Non, rula, non.

- Por que nos ían encerrar nas casas? - Non o farían.

SOMOS NÓS SÓS? OU TODA A CIDADE?

"Ou todo o mundo?"

Mirádeme todos. Estamos a salvo.

Estamos na casa.

Temos de todo e, o máis importante, estamos xuntos.

- Podo comer un donut? - Non, come os espaguetes.

É que teño estrés.

De onde sacaches iso, Ruth?

Graham.

Se vós sobrevivides aí, eu tamén sobrevivirei aquí.

Pensades que a que saíu correr atoparía axuda?

Vai vir alguén, prométocho.

Penso que foi a chuvia.

Foi a chuvia, seguro.

Yorumlar

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left