Ride or Die

Ride or Die

Galician സബ്ടൈറ്റിൽ ഡൗൺലോഡ് ചെയ്യുക

സീസൺ 1

റിലീസ് വിവരങ്ങൾ

Ride or Die S01E05 The Count of Monte Carlo 1080p WEBRip 10Bit DDP5 1 x265-NeoNoir
കമന്ററി എഴുതിയത് chargephoton88

ടാഗുകൾ

webdl
പ്രസിദ്ധീകരിച്ചത്: 2026-08-21
ഡൗൺലോഡുകൾ: 0
ശ്രവണ വൈകല്യമുള്ളവർക്ക്: No
FPS: 23.976

Galician സബ്ടൈറ്റിൽ പ്രിവ്യൂ

ആദ്യത്തെ 200 വരികൾ.

Non!

Anteriormente en Amigas a morte…

Vina con Whiptail. Vin a Whiptail na súa casa.

Son amigas dende hai 20 anos!

- Mentira! - Son amigas íntimas.

Ola.

Foi cunha porta de cristal.

Aí garda as fichas dos axentes.

Miña nai foi asasina.

Atopeina!

Di que morreu hai cinco anos nunha misión con Whiptail.

- Avisarei a Whiptail. - Veña.

Quen é Debbie Claybourne para ti?

É a miña amiga.

Escolle. Ou ela ou eu.

Remata o traballo ou estás fóra.

Están todos os pasaxeiros.

Agás dúas mulleres. Non nos consta que se apeasen.

A mafia albanesa estaba esta mañá na estación.

Merda. Que queren?

Roubáronme 24 millóns de libras.

- Atópaas. - Sra. Claybourne?

- Non tes que facelo. - Teño tal.

Podes escoller.

Os albaneses están aquí.

Non me deixes. Mataranme.

Irán por vós. Débeslles 24 millóns de libras.

- Sei como devolvérllelos. - Como?

CINCO ANOS ANTES

TURQUÍA

Benvida.

Levas un cacho inconsciente.

Quen te enviou?

Para quen traballas?

Chámase…

Virán rescatarme.

Ninguén virá rescatarte.

AMIGAS A MORTE

Adiante.

Sam, pasa.

Unha copa?

Non, grazas.

Veña, toma unha copa.

Que facías no meu despacho?

Intentar protexer a miña axente.

O de Billy Donovan debeu ser unha trampa.

De quen?

Dunha exaxente.

Redback.

Redback está morta.

Non, señor, non tal. Vina cos meus ollos.

O seu expediente di que morreu nunha misión en Turquía con Whiptail.

Pero segue viva.

- Quero avisar a Whiptail. - Non.

Temos que avisala.

Whiptail mentiu.

Xa non forma parte desta organización.

Pero señor, esa muller, Redback, vaina matar.

Certo. É o que pasa cando cres que as normas non van contigo.

Fóra.

Sam,

como lle contes a alguén o que me acabas de contar

heite matar.

Estamos a uns 20 minutos.

Pasoume voando.

É unha broma?

Si, é unha puta broma!

VARIAS HORAS ANTES

Non me dades nin unha pataca?

- Menos embrague. - Menos…

Nótase o cheiro. Menos embrague!

- Sube unha marcha. - Calade os dous! Sei conducir!

Podemos darlle de comer. Non é o noso prisioneiro.

É literalmente un prisioneiro.

- Recto… - Dereita!

- Que? - É recto!

…ata chegar ao mar.

- Para! - Para!

Entón el sabía algo?

Xa sabes, da mancha negra.

Nadiña.

Deixei o choio.

Por que?

Non podía seguir e mirarte á cara.

- Como te sentes agora? - Non che sei.

Nunca fixen outra cousa.

E o director, o que me recrutou,

sempre estivo na miña vida.

Por primeira vez, estou…

soa.

Non estás soa.

Deiteime con Bodhi.

- O que? - Que fixo que?

Quen é Bodhi?

Iso é privado.

Quen é o tipo co que nos veremos?

Abriulle a conta a David. Un home de palla.

O que?

Move diñeiro ilegal.

Si, móveo, agóchao…

Páganlle para que abra empresas ao nome del.

Por que?

A empresa queda rexistrada en Mónaco, polo que está libre de impostos.

Iso é evasión fiscal.

Ela finxe ser contable forense.

Non só o finxo.

Son contable forense con titulación oficial.

Tomo os delitos fiscais moi en serio.

Quen es?

É por aquí.

Vimos ver a Elijah.

Contrasinal.

Non o sei. Dille que son Billy, si?

Cago en…

Algo d'O Señor dos Aneis?

Está ben.

- Nordor. - Dise "Mordor", aparvado.

E ese non é o contrasinal.

Brian? Es ti?

Whiptail?

Ola. Non te vira dende Singapur.

Como está túa nai?

Está ben, si, grazas. Na cadea.

Iso oíra. Mándaslle saúdos?

Escoita, podes deixarnos pasar? Témosche algo de présa.

- Si. - Oxalá puidese.

Sen o contrasinal, non podo. E non é "Nordor", carallo.

- Mamalón. - Liches O Señor dos Aneis?

Non, pero sei de que vai. Un elfo e un…

- Un trasgo. - É un anano.

- Non, un orco ten un anel. - É un hobbit!

Hai un elfo, un anano e un hobbit.

Nun momento dado, chegan a unha gran porta fechada

e tras esa porta está…

Bilbo?

As minas de Moria.

Vale. Hai unha gran porta.

E enriba da porta pon: "Di 'amigo' e entra."

Estoucho dicindo. "Déixame entrar".

"Di 'amigo' e entra." Amigo. O contrasinal é "amigo".

Amigo.

En élfico.

- Veña, Brian! - Veña, Brian!

- Manda chover. - En puto élfico.

Vale, dise "mellon", de acordo? "Mellon" con dous eles.

Manda carallo.

É "mellon".

- Tes que poñer a voz. - Xa.

Soa como "melón", non si?

Bonita barba.

Grazas, atrae as mulleres.

- En serio? - Son as regras.

É un…

tema sexual.

Non é un tema sexual.

Alégrome de verte, Whiptail.

Agora son Judith. Deixeino.

- Whiptail? - Si.

É un lagarto do deserto mexicano.

A femia come o macho.

Soaba mellor daquela.

- Abofé que si. - Cala.

Billy Donovan.

E amigas.

Que necesitas?

Que entres na conta que lle abriches a David Claybourne.

Si, aquel raposeiro, o político.

Involucrouse cos albaneses. A súa muller non sabía nada.

Non, a muller non sabía nada.

Iso fai, non?

Ocultarlles o diñeiro da xente ás súas mulleres?

Si, e tamén á policía, á mafia e ao fisco.

Por se serve de algo,

é a primeira muller que me atopa.

Temos que devolvérllelo aos albaneses. Son 24 millóns de libras.

De acordo, non hai problema.

Imos devolvelo.

Quedo cun 10 % do total.

Por amor a Deus, Brian, para que che pago?

Comprende que se me mata, o diñeiro queda onde está?

Non o vou matar.

Vale, o 5 %.

Vale, está ben. Sen comisións.

É un bo acordo.

Nesta situación específica e única,

non pedirei comisión.

Imos ver que temos.

"Señor David Claybourne."

- Non está. - Como que non está?

Baleirou a conta.

Retiraron o efectivo. Todo.

Como?

Síntollo. Pasa moitas veces.

Agora mesmo estará nunha praia de Costa Rica.

NON EN COSTA RICA

Xa che contei o do diñeiro! Que máis queres de min?

Que alguén me axude!

Ola, Diane.

Necesito ver unha cousa.

El disparou. Non cheguei a tempo.

അഭിപ്രായങ്ങൾ

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left