Ride or Die

Ride or Die

Download Galician Subtitle

Season 1

Release info

Ride or Die S01E07 The Geneva Convention 1080p WEBRip 10Bit DDP5 1 x265-NeoNoir
A Commentary by chargephoton88

Tags

webdl
Published on: 2026-08-21
Downloads: 0
Hearing Impaired: No
FPS: 23.976

Galician subtitle preview

The first 200 lines.

Anteriormente en Amigas a morte…

Eu son Redback.

Ela é Whiptail, a miña mellor amiga.

Solicitei un traballo.

- De que é? - Volvería ao dereito.

- Estou orgullosa de ti. - É en Nova York.

Fixen algo terrible.

Redback está viva.

Está viva!

Non.

Advertiríache en contra do que tes pensado facer agora.

Tanto me teñen as súas advertencias, porque a vou matar.

Vamos.

Levádeme con vós.

Buscádela? Sei onde foi.

Papá, heino arranxar.

Ola. Bo…

Temos que marchar.

- Quen é esa? - A miña exmuller.

A súa ex é policía?

Van rodear toda a casa.

Sabía que non era de fiar.

Se é necesario para protexela, faría todo canto fixese falta.

Confía en vostede.

Eu tamén confiarei.

Protéxaa.

Judith.

Judith, levántate.

Debbie.

Billy?

Perdoa por tardar tanto, é que atopei unha panadaría

á beira da estrada cuns croissants…

Xúroche que son os mellores que probei na miña…

- Pensaches que marchara. - Non.

Si.

Veña.

Tes o coche, podías…

Merda, certo. Tiña o coche. Podía…

Son parvo.

Conta comigo, nena.

Conta comigo.

Xa pode ser importante.

Diga?

Será unha broma. Mi ma!

Si. Si, un momento. Agora mesmo o apunto.

Si?

Tío, sálvasme a vida, grazas.

De acordo, abur.

Era Elijah. Atopou o diñeiro.

Está en Xenebra.

Tragouno?

Tragouno, si.

Tiñamos un trato.

Desátame.

Certo, o trato.

AMIGAS A MORTE

CENTRAL DA INTERPOL FRANCIA

Non teño nin idea

de onde está o merdeiro do meu home ou o diñeiro que roubou.

Xa.

E que me di disto?

É un pasaporte falso.

Fixemos que o revisasen todos os organismos antifraude do país.

Nunca viran nada igual.

De onde saca a inocente muller dun membro do Parlamento

os contactos necesarios para conseguir algo así?

Fun a Leicester Square. Paréceme unha zona sinistra da cidade.

Preguntei por alí.

A xente recomendoume un tipo que estaba na porta da tenda de M&M

e que fai caricaturas e pasaportes.

Fixen un trato, porque sentei para que me debuxase.

Era malísimo, a verdade. Fíxome a cabeza enorme.

Non se pase de lista, señora Claybourne.

Está metida nunha lea ben grande.

Tiñamos un trato.

Vostede axudábame e eu axudábao cos albaneses. Aquí estou,

cumprindo a miña parte. Estamos perdendo o tempo.

Fixeches un trato?

Di que sabe como moven a droga os albaneses.

Estamos poñendo en xogo a nosa reputación

por unha delincuente manipuladora. Si!

Escoite, Debbie, estou tentando axudala.

Pero terá que ser sincera comigo.

Quen é ela?

Non é ninguén.

Unha coñecida, apenas a coñezo. Non ten nada que ver con isto.

É contable forense.

Contable forense?

E está disposta a ir á cadea por protexela?

A súa historia ten lagoas, Debbie, veña.

Que me está ocultando?

Ben, señora Claybourne,

atopamos o diñeiro.

O que?

Onde?

Rastrexámolo dende que saíu da conta de Mónaco.

Agora está en Xenebra, nunha conta compartida.

Ao seu nome.

Quero facer a miña chamada.

XENEBRA

É unha casa segura?

Só é un piso que teño arrendado.

Será un intre.

Collemos a pasta, pagámoslles aos albaneses, salvamos a Debbie.

E despois que?

Despois…

Non o sei.

Es libre de marchar.

E que farás ti? Onde irás?

Vou buscar a Ana.

E vouna matar.

Que carallo fas aquí?

Puto David.

Pero que carallo?

Non o mates!

Que facedes no meu piso?

- Ola. Emilia deume a chave. - Quen?

A limpadora.

- Non teño. - Cres que se limpa só?

Levo a limpeza de todos os teus pisos.

Emilia e eu temos boa relación.

Agora anda moi mal dun xeonllo.

Para. Quen carallo sodes

e que carallo facedes con esta rata inmunda?

Non o mates! Se queres, despois podes.

Soubemos por el onde estaba Ana.

Onde? Onde está, Queenie?

Vai atrás dos cartos del. Por iso estamos aquí.

Hai que chegar antes ca ela.

Arrincoume un dente.

Pecha o puto peteiro.

Fíxome un Mata Hari.

A ver, ela…

En fin, tanto ten,

ímola matar, así que…

Para.

Non me gusta o contacto.

Aquí me tes.

Vale? Aquí me tes, non te preocupes.

Habemos collela.

Só quería ensinarvos o meu conxunto.

Elegante pero informal.

Ai, Deus.

Ese tío acaba de caer do ceo. Deberiamos cortar…

DRAMÁTICA CAÍDA DESATA O PÁNICO

CLASES DE TENIS

SAGRADA BIBLIA

23

TIMOTEO ÚNESE Á MISIÓN DE PAULO

O día de sábado saímos fóra da porta cara á beira dun río…

O de onte á noite está controlado.

Eu non diría "controlado" cando sae na portada do xornal.

Media cidade ten un vídeo no móbil

dun corpo caendo dun edificio de sete andares.

- Un incidente illado. - Seguro?

Un dos teus mata dun disparo tres membros da mafia albanesa.

Cae un corpo no centro de Londres, a Interpol ten un cadáver.

Canto tempo pasará ata que aten cabos

entre mortos sen impresións?

- Non teñen pistas. - Aínda.

Jack, a túa organización existe

porque ti me aseguras que non existe.

A nosa relación beneficia a ambos

porque te moves nas sombras e non pregunto.

Pero agora que saíches á luz, teño que preguntarcho.

Que está pasando?

Quen está detrás?

Unha antiga axente que demos por morta.

Adestrada por vós?

Que ben.

Unha asasina internacional de primeira

tenta chamar a atención sobre a túa organización.

Tes unha bomba de reloxería entre mans.

Soluciona os problemas internos, ou farémolo nós por ti.

Non podo crer que me arreases cun cacho de madeira.

É un puto gardamanteis.

Acougade os dous. Tranquiliños.

Cóntalles o que nos dixeches no tren sobre o diñeiro.

Como sabedes, tiña acordos

cos albaneses para amañar o asunto da lei de transporte.

Entón, cando Debbie empezou a meterse no medio,

- todo… - Queres que te mate?

Porque podo.

Ela creoute, literalmente. Un pouco respecto!

Cando Debbie fixo un traballo tan bo,

quedou claro que quizais eu tería que devolver os cartos.

Así que pensei en poñelo a xerar beneficios mentres aínda o tiña.

Metino nunha conta bancaria suíza, a un tipo de xuro moi bo.

Pensaba que, se a lei non se aprobaba, quedaría coa miña parte.

Pero se se aprobaba, e eu tiña que devolver o diñeiro…

aínda así quedaría cos xuros.

- Non estou orgulloso. - Pois parécelo de carallo.

Só digo que nesas circunstancias

foi unha decisión financeira bastante razoable.

O fracaso é un éxito que quedou sen tempo.

- Que carallo? - Non sabía

que me ían secuestrar.

Nin que Debbie o descubriría

ou que os albaneses a perseguirían.

Contácheslle todo isto a Ana?

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left