Ride or Die

Ride or Die

Download Galician Subtitle

Season 1

Release info

Ride or Die S01E01 The Book of Judith 1080p WEBRip 10Bit DDP5 1 x265-NeoNoir
A Commentary by chargephoton88

Tags

webdl
Published on: 2026-08-21
Downloads: 0
Hearing Impaired: No
FPS: 23.976

Galician subtitle preview

The first 200 lines.

OLEG VIKTOROVICH - A ARAÑA

Obxectivo fixado. Vento 3,8.

Dispara.

OBXECTIVO FIXADO

Dispara.

Whiptail, dispara.

Whiptail, non. Que fas?

Por Deus, Whiptail. Outra vez non.

Non.

Teu irmán mándache saúdos.

A instrutora de esquí!

Foi sorte.

- O mesmo? - Ola. Si.

Oito.

Ou nove.

Os alemáns chámanlle Brüderschaft.

Irmandade.

Falas alemán?

Un pouco.

Escoita,

acabo ás 02:00.

Manda carallo.

Como dis que gañas a vida?

Son contable.

Oe,

podo chamarte?

Claro que non.

Quen carallo es?

Quen carallo son? Boa pregunta.

O pasaporte do bolso di "Judith Burton, contable forense".

Un traballo que soa tan confuso e aburrido

que ninguén fai máis preguntas.

Pero teño placas de identificación do FBI, CIA, MI6, Operacións Especiais.

Se o teu país ten intelixencia militar

teño a placa de identificación.

Chámome Whiptail.

Gaño a vida matando xente.

LONDRES

As salpicaduras de sangue…

PÓDCAST DE CRIME

O ángulo do…

LEI DE TRANSPORTE PARALIZADA

- Non tiveran algo en conta. - O que?

Era zurdo.

Era zurdo.

Conmoción nunha estación de esquí esta mañá…

Merda.

Non vai caber.

A ver, ho.

Xesús.

Merda.

Ola, rula.

Ola, rula. Xa estou… Parece que estás sen alento.

- Aparcando? - Aparcando.

Si. Que tal? Como foi o congreso contable?

Xa sabes, aburrido. Nada novo.

Chego axiña. A tempo para o club de lectura.

Mira, agora non podo falar.

- Teño unha misión. - Boa sorte.

Se ves unha desas lámpadas, mellor dito, unha tixola de cobre…

ou se atopas un armario de botica antigo…

Teño a túa lista. Non me esquece.

Déixote, que teño que coller sitio.

- Quérote. - Quérote!

Abur.

SEGURIDADE

FURGONETA DO TÉ DE JACK

Damas e cabaleiros, benvidos! Por favor, non perdan a calma.

O almacén de antigüidades abrirá nun par de minutos.

Equivocáronse e déronme dous tés na furgoneta.

Non podo cos dous,

e debe ser horrible estar aquí ao frío.

Coido que igual che apetece.

Pois moitas grazas.

De nada.

Por un supoñer, que porta cres que vai abrir primeiro?

A porta D.

Moitas grazas. Que teñas un bo día.

Hai un armario de botica de época xenial.

Xa che digo que non penso marchar sen el.

Ei, mira!

Por favor, tranquilícense.

Tranquilícense! Non perdan a calma!

VENDIDO

Merda.

Quen demo é esa?

A muller dun membro do Parlamento?

"Quen demo é esa?"

Boa pregunta. Si, son a muller dun membro do Parlamento.

Do parlamentario David Claybourne.

Espero contar co seu voto.

Estudei dereito en Yale,

namoreime, mudeime a Inglaterra, teño dous fillos adultos

e agora eu soa converterei ese home no próximo primeiro ministro.

Pero teño un segredo que faría anacos a miña vida.

Chámome Debbie Claybourne.

Mañá hai club de lectura

e non lin o libro.

AMIGAS A MORTE

Velaí a está.

Podías darme o nome do restaurante, Sam.

Non tes por que darme sempre coordenadas encriptadas.

Por favor. É o protocolo.

Que fago aquí?

Quería ver a miña axente favorita.

- Non estás anoxado? - Por que había estalo?

Xenial, non o estás.

Estou anoxado de carallo.

Ese rifle de francotirador ten un alcance de un km.

Pero agora teño cen testemuñas

que viron unha instrutora de esquí acoitelando un criminal con que?

- Un machete? - Un coitelo.

Un coitelo?

Queres que te pillen?

Antes seguías os plans e as normas da empresa ao pé da letra.

Eras un puto exemplo.

Agora todo canto tocas acaba en caos.

O traballo faise. Ti cobras. Eu cobro. O cliente está satisfeito.

Non é o cliente quen debe preocuparte.

O director revisou os teus arquivos.

- Por un traballo? - Non só por un.

Beirut, Bruxelas… Debo recordarche o que pasou en Dubai?

Lembras onde te atopei?

Agradézoche todo canto fixeches por min.

Pero dime, que che está pasando?

É porque tes 50 anos?

Non teño 50.

Non? Unha das túas alias acaba de facer 50.

Que unha alias faga 50 anos

tolea a calquera.

Miña nai fixo 50 o ano pasado e fóiselle a cabeza de todo.

En fin, témosche un pequeno regalo.

Que carallo é iso?

É un Patek Philippe

- Grand Complications… - Xa.

Por que me dás un reloxo?

É un regalo de xubilación?

Se ti queres.

- Cantos? - Cantos que?

Non te atrevas a disimular.

Tres camareiros armados.

A azafata leva un revólver na coxa

e o tipo da barra non ten as mans así de traballar nun despacho.

Cinco.

Vale, sete.

Oito. En serio. E só son por precaución.

Por suposto, eu quero que ambos saiamos ilesos

logo de discutir con calma a posibilidade de que te retires.

De ningún xeito.

Claro, é que xa vas andada.

- Que vou que? - Andada. Tes certa idade.

E polo que sexa, polo que eu creo,

ao facer 50 anos comezaches a actuar dun xeito raro.

E iso é perigoso para todos nós.

É o meu próximo encargo? Porque non vou renunciar.

Está ben. Chegou un traballo e quérente a ti.

O director dixo que non es de fiar. Eu asegureille que podes facelo.

Pero arrisquei o pescozo por ti,

así que se o fas,

non cometas erros e cumpre as normas, oíches?

Oín.

Billy Donovan?

Mato criminais de guerra, non membros de mafias.

- Acabas de aceptar… - Non…

- Polo libro. - Xa.

O cliente necesita unha boa coartada, así que queren que sexa

na gala de Acción Hídrica,

a fundación coa que branquean diñeiro.

Nada sospeitoso. Usaremos veleno.

Ataque cardíaco.

Sabemos que o veleno é de covardes.

- E o espectáculo? - Escóitame ben.

A partir de agora, acabouse o espectáculo.

En serio, Whiptail.

Se non fas ben este traballo, han poñerlle fin…

ao teu contrato.

É á túa última oportunidade.

Feliz aniversario.

Que che dean.

E a ti tamén, Danny!

- Síntocho, necesito a pasta. - Mamón.

Quede con isto.

Máis merdas que non necesitamos.

Isto que é?

Un trípode.

"Un trípode." É un cacho de madeira. E este porco?

Para a lei de transporte.

- Como que para a lei? - Información confidencial.

Agora mesmo, todo o que debes saber é que che preparei a cea.

Torta de peixe con macarróns?

- Que faría sen ti? - Pasar fame.

Ai, non.

Si. Tes que repasar o discurso da lei de transporte.

- Algunhas ideas. - Máis? Xa o memorizara.

Queres ser primeiro ministro?

Quero.

Aprende o discurso e mañá volvemos repasalo.

Xurdiume algo.

Mañá pola noite quedei cun cliente nun acto benéfico.

- De quen? - Acción Hídrica.

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left