The first 200 lines.
Listas, mozas?
Vamos, familia Kelly, que nos pasa o día. Está clareando. Perfecto para navegar.
Colliches os refrescos?
Ti que cres?
Poñede o chaleco antes de subir ao barco.
- Temos que ir todas as findes? - Non sabes a sorte que tes.
Cantas amigas túas teñen barco?
Nin sequera ten motor.
- Catherine Alexis. - Agora son Lexy.
Claro.
Subide ao barco.
Pódoche dar un consello?
Non sei, Andrea. Podes?
Vixía o que fas contigo mesma.
Iso non é un consello.
E, non sei, igual podías escoller mellor.
E...
non comas tanta porcallada.
Vas envorcar o barco.
Cóllesme o inhalador no mesado?
Catherine! Veña, rula!
Miña nai dicía que, se vas facer algo,
é mellor facelo ben.
E, coma case todo na vida, canto máis fas algo, máis doado resulta.
- Colliches o inhalador? - Si.
Supoño que esta regra tamén vale
para matar xente.
Andrea?
Andrea, cariño?
- Rick! - Ai, Deus!
- Onde vai o inhalador? - Catherine, axúdalle!
Cálmate! Respira, cariño.
Axuda!
Non!
Jack, son eu. Tes que vir aquí canto antes.
- Mandeiche a localización. Mira... - Morreu.
Deus. Miña irmá ... Morreu miña irmá.
Que? Como?
Matárona.
E eu dixéralle que non lle pasaría nada.
- Ai, Deus, Jack. - Díxenllo...
Mira, eu sei quen a matou. Foi Lexy Jones.
Tamén matou a Rachel e Helen. Richard debeu colaborar.
Con quen falas?
Quen é?
Hostia. Quen é?
Xa vou, Anna!
Anna!
Anna!
Anna, xa vou, vale?
Xa vou, Anna. Óesme?
- Xa vou. - Quero falar con vostede.
- Que fas aquí? - Que pasou?
Anna está en perigo, no lago Zwerner.
Lexy Jones é a asasina. Richard axúdaa.
- Lexy Jones? - Si.
- Teño que falar con vostede. - Ven comigo.
Alto. Alto aí.
Alto.
- Toleaches, cona? - Temos que falar.
Apúntasme cunha arma, Priya?
Por que foi ao depósito por un anel que non perdera?
Anna está en perigo.
- Non teño tempo! - Alto.
Temos que falar.
- Ei! - Está bañado en sangue!
Baixa a puta arma!
Entregou ADN contaminado. Mandábame centrarme en Clyde.
- Cancelou os datos do teléfono. - Báixaa!
- Ten que falar comigo. - Baixa a puta arma!
- Baixa... - Alto!
- Deus. - Alto aí!
Que vas facer, dispararme? Vasme disparar, Priya?
Non imos a ningures ata que me responda.
Merda.
Son a detective Patel! Preciso apoio na casa do detective Harper xa!
Ala...
Sodes uns putos cabróns!
Quen, Richard?
Os ricos e privilexiados,
putos manipuladores de merda.
Ah, eses.
Pensades que podedes facer e dicir o que vos peta,
durmir con quen vos peta sen pagar as consecuencias.
Ti sabes que eu non son así.
Ti es exactamente así.
Igual non te decataches de con quen estás casado.
- Alto! Esperamos aquí! - Priya...
Priya, espera. Quero que penses, vale?
Pensa. Son eu, vale?
Tes que confiar en min.
Son Jack. O teu amigo Jack.
Nada máis, vale?
Prometo que todo ten explicación.
Prométocho.
Hostia.
Richard, non tes que seguir con isto.
Non tes que axudarlle.
Axudarlle a que?
A matar esas mulleres?
Esa é a noticia coa que vas revivir a túa carreiriña?
Dás puta mágoa, Anna.
- Si? - Si.
Cago na hostia!
Para!
Cago na puta hostia!
Tes que aprender a usar esa puta arma!
Espera, non! Abre a porta, hostia!
Hostia!
Ei! Ten tino con ela!
Anna, contesta!
Veña!
Contesta, carallo!
- Mirade dentro! - Vale.
Detective Patel, está ben?
Si.
Cariño!
- Cariño! - Richard!
Richard!
Psicópata!
- Estás tarada! - Eu?
Canto tempo levas planeando traerme aquí?
Ti leváchesme ao monte hai 20 anos!
Eu non sabía que ían facer!
Puta mentireira! Es unha mentireira!
Sempre fuches mentireira! Rícheste de min!
"Senta connosco, Catherine!"
"Ven ao meu aniversario, Catherine!"
Non penso beber máis mexo!
Non!
Para!
Non!
Cariño!
Patel, que pasa na casa de Jack?
Zoe Harper está morta.
Que? Hostia!
Estou na de Duffie. Está co seu avogado.
Di que a súa muller e Helen Wang
quixeron chantaxear a Lexy Jones. Levou labazadas.
Rachel Hopkins quixo chantaxear a Lexy Jones?
- Por que? - A morte de súa irmá.
A irmá de Lexy Jones? Rachel Hopkins coñecía a Lexy Jones?
Foron xuntas a St. Hilary.
Segundo Clyde, Lexy cometeu o erro de confiarllo a Rachel.
Como se chama a irmá morta?
Andrea Kelly.
- A irmá de Catherine Kelly? - Claro.
Catherine Kelly é Lexy Jones.
Vaia á casa de Kelly, vémonos alí. Mándolle o enderezo.
Vamos!
Deus!
Contesta, Anna. Colle o teléfono, hostia!
- Anna! - Jack.
- Jack. - Anna!
Anna!
Cariño!
Anna!
Anna! Ei!
Anna!
Estás ben?
Si.
Sinto moito o de Zoe, Jack.
Non sei que lle vou dicir a Meg.
Igual podo axudar.
Igual si.
Que pasaba entre vós?
Entre ti, miña irmá e Lexy.
De que vai todo isto?
Rachel era a...
xefa do grupo.
Pero Helen e...
Zoe tamén o sabían.
Colleron...
e leváronnos a Lexy... vaia, a Catherine e a min ao monte.
O día que fixen 16 anos.
Dixeron que habería unha festa.
E...
apareceron uns tipos.
Uns tipos aos que Rachel
lles mandara fotos nosas.
Estes tíos...
agrediron a Catherine.
E Rachel, Helen e túa irmá miraron.
Queríacho dicir...
Tenteino un cento de veces, pero...
non dei. Pensei que igual...
non debía por Zoe.
A verdade, Jack, é que...
nunca me atrevín a dicirllo a ninguén.
Non sei. Pensei que igual podía facer que non pasara.
- E iso é o que fixen. - Si.
- Síntoo. - Non, tranquila.
- Debincho dicir. - Ei...
Carallo. Síntoo moito.
Síntoo.
Deus bendito.
Lembro cando morreu Andrea Kelly, a irmá máis vella desta.
Dun ataque de asma.
Estaban navegando no lago, manda truco.
Pobre nena, asfixiouse antes de chegar á beira.
No comments yet. Be the first to leave one.