The first 200 lines.
BO MINI-BAT-NADAL
Señor Wayne, veña aquí dunha vez.
O leite con galletas antes de durmir.
Aínda non, Alfred.
Selina roubou unha obra do Museo de Gotham.
Teño que facer xustiza.
- Case. Verdade, Alfred? - Pois si.
Veña, imos poñer fin a esta tolemia antes de que rompas...
algo coma as cinzas do teu bisavó
e o Picasso de valor incalculable.
Non podes fuxir, Selina.
Rapaciño, debo recordarlle
que só quedan dous días para Nadal.
Santa Claus está a vixiar.
Moi ben.
Porque ata Papá Noel debe ver isto.
Señor Wayne?
Vai durmir aí abaixo outra vez?
Non!
Que?
Que tal?
Reconcho! Estás ben? Caíches polo conduto ese?
Damian, puideches mancarte.
Puido rabuñarte o gato ou algo peor!
Como coller un parasito cerebral das feces dela.
Unha pupa!
Papá! Deixa de preocuparte. Estou ben.
Paroume o aire acondicionado. Ves?
Si.
Damian, que dixemos de ser máis coidadoso
e menos destrutivo ao xogar a superheroes?
Non é un xogo, papá. Adestro para ser un heroe de verdade, coma ti.
Imaxínao. Ti e mais eu loitando cóbado con cóbado.
Afoutos defensores da noite.
Protexendo febles e castigando malvados.
O crime non ten nada que facer.
Xa cho dixen: non estás listo para iso.
- Para ser superheroe cómpre... - Atención, responsabilidade e sacrificio.
Xa o sei.
E soportar bastante a dor.
Sabes cantas costelas rompín?
Todiñas!
Vaites! Eu tamén quero romper as costelas.
Veña, pequeno.
Aínda que estiveses listo para combater o crime,
que non estás,
xa non hai crimes que combater en Gotham.
Como dis?
Damian, o día que souben que ía ser pai
foi o máis feliz desde...
había moito tempo.
Desde ese momento, o único que importaba
era protexerte para que non te mancasen.
Antes de que naceses,
fixen de Gotham un lugar seguro.
QUÍMICOS ACE
RENOVABLES ACE
MANICOMIO ARKHAM
Que foi iso?
PREESCOLAR ARKHAM
Última hora.
Todos os superviláns de Gotham están no cárcere
ou foron obrigados a retirarse.
Gotham leva oficialmente 90 días sen delitos,
xa que Batman continúa amañando todo.
Gotham foi elixida a cidade máis segura do mundo.
Si!
Xa non hai crime en Gotham.
Así que goza de ser neno.
Non quero ser só un neno.
Es moito máis ca só un neno.
Es o meu neno e iso é o mellor.
Agarda, papá.
Que estabas a facer no soto?
Eu? Non o sei.
Pode que envolver o regalo de Nadal de alguén.
Si!
Que é? Dimo!
- Síntoo, amigo. Hora de durmir! - Dásme unha pista?
Digamos que é algo que necesita
todo futuro superheroe.
- Un Bat-lanzador de garfos? - Non.
- Unhas Bat-luvas con ganchos? - Vállame Deus! Non!
- Uns Bat-patíns para o xeo? - Patíns? Vaia parvada.
- Un Bat-láser? - Non.
- Un Bat-secuenciador criptográfico? - Non sei o que é iso.
- Bat-lanzafoguetes de seguimento térmico? - Non.
E iso xa o dixeches. Dúas veces.
Señor Wayne, deixe de xogar coa morcilla.
Si, claro. É certo. Perdoa, Alfred.
Agora, gocemos do tradicional almorzo da Noiteboa da miña xuventude.
Bulan.
Se as anguías xelatinosas repousan moito, tenden a...
callar.
Non llo digas a ninguén.
Nada de caretas na mesa.
Veña, ho, hoxe é Noiteboa.
Damian, xa oíches a Alfred.
Tanto ten.
Toma, Damian.
Podo abrilo xa?
Por que non? Así deixas de adiviñar.
E eu podo volver pensar.
Gañamos todos.
Bo Nadal, fillo.
O meu cinto multiúsos!
Si. Ese foi o meu primeiro cinto.
Que? Non me digas! Non o podo crer.
É o mellor, papá. Ti es o mellor.
Alfred, a que é o mellor?
Si, isto é moi emocionante.
Que hai nas cartucheiras?
BAT-APÓSITOS
Bat-primeiros auxilios.
Xenial.
É isto?
Un chifro de Bat-merxencia.
Chulo.
Só se pode usar en caso de Bat-merxencia.
Un batarang!
É poliespán.
Non ten que volver voando onda min?
Para que che saque un ollo? Diso nada.
Ese é un batarang de práctica.
Papá, non o tomes a mal.
Encántame o cinto. Moito.
Pero onde están as cousas chulas?
As cousas perigosas?
Terás que gañalas cando sexas maior.
Tes moito que aprender.
Veña, papá. Xa non son un bebé.
Non digo que sexas un bebé.
Emerxencia! Necesitamos axuda. O meu bebé está en perigo.
Terei que volver gravar iso.
Damian, ese é o primeiro paso para ser un superheroe.
Creme, cavilei meses para saber se estabas listo para...
Que é iso?
- Soa a... - Non é posible.
Non é posible o que? Que non é?
O Bat-teléfono.
Agarda. Vou poñer o cinto.
Quero dicir... Agarda. Vou poñer o cinto.
Había anos que non soaba.
O crime debeu volver a Gotham.
É un milagre do Nadal.
Diga?
É a Liga da Xustiza.
Que? Estás de broma?
Como me queda o cinto?
Non, xa entendo.
Anomalía climática? Nova Escocia?
Que vaia Clark.
É Noiteboa!
Todos temos plans.
Non chamedes a Superman. Xa imos nós.
Perdón. Era Damian.
Si, xa ten oito anos. De tolos, si.
Non tes a quen chamar? E os Xemelgos?
Non se falan?
Pois que activen os superpoderes
e que actúen coma adultos.
Vale, está ben.
Cinco minutos.
Síntoo, Damian. Teño que ir.
Prométoche que volverei antes do Nadal.
Agarda. Papá! Lévame contigo. Por favor!
Non é posible, fillo.
Que sexa o regalo do ano que vén.
Dos próximos dez anos!
É moi perigoso. Non podo.
Tes a lista de contactos de emerxencia?
Vale, tanto ten. Imprimín copias para o cinto.
Vale. Que fas nunha invasión de morada?
Chamar a policía.
- Depresión? - Psicólogo.
E se uns superescaravellos xigantes atacan Gotham?
Non o sei. O comisario Gordon?
Comis... Que? Non.
Sempre me pasa os problemas a min.
Volverei nun anaco, fillo.
Vou preparar o Bat-jet, señor Wayne.
Bat-jet dis?
É un tempo récord para non facer isto en anos, Bruce.
- Programaches as coordenadas? - E puxen a quentar os asentos, señor.
Entendo que non viu a Bat-navalla que lle deixei no neceser.
Si? A barba de novo?
A min gústame. Axúdame a intimidar.
Ten faragullas de rosquilla no de intimidar, señor.
Emerxencia! Necesitamos axuda. O meu bebé está en perigo.
Pero que...?
Emerxencia! Necesitamos axuda. O meu bebé está...
- A ver. - Damian!
Papá, estás incrible.
Damian, sae da bolsa!
Veña, papá. Déixame ir contigo.
Non. Non hai tempo para isto.
Non notarás que estou.
Xa che dixen que non estás listo!
Papá, estiven adestrando. Mira que habilidades de ninja!
Ven aquí!
No comments yet. Be the first to leave one.