The first 200 lines.
Anteriormente en Amigas a morte…
Que significa?
É a mancha negra.
Código de piratería. Quérenme morta.
- Hai un cadáver de onte á noite. - Iso está controlado.
Borrei o vídeo de seguridade.
Non. Necesito que reteñas un cadáver. Que o teñas a salvo.
Un día duro?
Si.
Nada de mentir.
E nada de matar.
Non serás axente miña ata que remates o encargo.
Localizamos o pasaporte de Donovan nun aeroporto privado.
Diríxese a unha casa segura que ten no norte de España.
"Veronica Gillingsby?" Quen é?
É vostede.
Deus, é británico.
Ela quen é?
O máis importante do mundo para min.
A miña amiga.
Elimina o problema.
Perdoen. Desculpen. Paso.
- Deus. - Ai, canto o sinto.
Non, é culpa miña. Ía mirando na dirección que non debía.
- Pasaxeiros para Barcelona… - O meu.
Síntoo moito, pero debo ir á plataforma D.
Pero a D queda nesa dirección.
Vaia, ho.
Sabes que? Sei dun atallo. Ven comigo.
- Como te puxen. - Xa.
- Mil perdóns. - Non te salpiquei, non?
- Non. - Bonito vestido.
Viñeches ata aquí sen un plan?
Nada de plans. Só un pase de Interrail e grandes soños
antes de ter que volver ao mundo real.
Cal é ese mundo?
- A lei. Son avogada. - Que dis? Eu son avogado.
- De que tipo? - Dereito mercantil.
Pero conseguín un traballo xenial como avogada de oficio.
Así que vivirei unha grande aventura
antes de comezar a salvar o mundo e non poder permitirme nada.
E que inclúe a túa lista desa excelente aventura en Europa?
Os clásicos.
E un solpor.
Un solpor?
Lin acerca dunha vila na guía de viaxes
onde o sol se pon xusto entre as montañas
e todo o campo se ilumina coma unha lumarada.
Falo moito, sempre me pasa. Perdoa.
Non, por favor, nunca deixes de falar.
- Grazas… - Este…
- Non, ti primeiro. - Perdoa, non, ti.
Grazas.
Isto foi claramente o mellor do día.
Ou da semana.
Espera!
E se non sobes ao tren? E se sobes no próximo tren?
E se ti, a fermosísima, lista e divertida avogada
que vai salvar o mundo
me contas que máis hai nesa lista?
E eu, un empregado realmente mal pagado e co traballo máis aburrido do mundo
intento impresionarte?
Que me dis?
ESTACIÓN INTERNACIONAL WATERLOO
AMIGAS A MORTE
En que pensas?
Estaba pensando…
que co móbil desbotable
poderías chamar os nenos se quixeses.
Non, aínda non estou preparada.
Queres falar do tema?
Si.
Pero non contigo.
Deb, por favor. Non podemos pasar as 11 horas de viaxe en silencio.
Eu podo.
Permítesme facer unha suxestión?
Volvemos ser amigas ata que atopemos a Billy Donovan
e teñamos respostas.
Despois podes volver
a esa túa mirada glacial.
Perdoa,
como se reacciona cando descobres que a túa mellor amiga é asasina?
Son asasina a soldo, non a secas.
Mato xente mala.
Xente malísima e terrible.
Por diñeiro.
De facelo gratis, sería asasina en serie.
Ademais non seguirei por moito tempo.
No choio queren xubilarme.
Como que queren xubilarte?
Disque vou andada.
- Como dis? - Son unha muller de certa idade.
Non tal.
Disque actúo raro porque vou facer os 50.
- Non tes 50. - Xusto, iso dixen eu.
E mesmo se fixese 50, son boa de carallo neste traballo.
Que foi?
Unha furgoneta.
Séguenos dende o túnel.
Quizais podemos cambiar de ruta e evitar as estradas principais.
- A seguinte á dereita. - De acordo.
A casa segura de Billy Donovan está por aquí nalgunha parte.
Seguindo por aquí…
Merda.
Vaia.
Non hai gato hidráulico.
- Estás segura? - Abofé.
- Viches se a Sra. Williams o puxo? - Non, pero sempre o fai.
Deberon fedellar na roda e quitaron o gato na gasolineira.
Quen? Os albaneses?
Non che sei.
Vouno conducir así ata a vila máis próxima.
Picou a roda?
- É a furgoneta que nos seguía? - Si.
Vin que tiña pouca presión.
Estaba tentando alcanzalas pero corren moito.
É perigoso conducir coa presión mal.
Judith!
- Quen es? - Judith.
Quen te envía?
- Para! - Que?
- E se só era un descoñecido amable? - Non, seguíanos.
- Para avisarnos da roda! - Pero se falaba inglés!
Porque conducimos un coche inglés.
Está armado, Debbie! Ten un coitelo!
É entallador!
Talla estas copias malas da natureza.
Estes animaliños raros.
Estáselle derretendo o xeado.
Quen merca xeado camiño de matar xente?
Non me fodas!
Ola, son Sam.
Preciso que te ocupes doutro corpo.
- Colliches a Billy Donovan? - Aínda non.
Trátase dun home alemán.
Civil.
Un civil?
Que? Segue con vida.
Iso é aínda peor.
Onde estás?
Nalgún sitio nas aforas de Calais.
Vou poñerlle un localizador ao coche e sacalo da estrada.
- Que…? - Merda.
Hostia!
Sam?
Tes leite?
Xa está, deixa. Atopeino.
Ola.
A ver, paréceme xenial.
Pero é que esa camisa é moi cara, perdoa.
Si.
Xa a collo eu.
Foi cunha porta de cristal.
Son unha parva.
Preparei café. Queres?
Si.
Entón que? Tes irmáns?
Ou es…?
Perdoa, non adoito facer isto.
Pero se queres que repitamos, avísame.
Grávoche o meu número no móbil.
Si. Non, a ver, xa o fago eu.
0, 7, 7, 0, 0, 9, 0, 0, 4, 0, 3.
Perfecto. Anotado.
Pero agora chámame, así teño o teu número.
Si, por suposto.
Xa está.
Abur, Sam.
APROBADA LEI DE TRANSPORTE
Nun sorprendente xiro,
o parlamentario David Claybourne non se presentou á votación
- da lei de transporte… - O corpo.
- …pola que avogou. - Merda!
Levántao coas pernas, non co lombo.
- Dobra os xeonllos. - Xa!
- Ímolo abanear. - Non dou collido impulso.
Vale. Ben.
Que fan?
Perdoe, señor, pero criamos que nos ía matar.
Porque son grande, ja?
A miña presenza intimida.
Non, é todo culpa nosa. Vostede está moi ben proporcionado.
Ímoslle roubar o coche.
Pero voulle meter a compra e mais estoutras cousas.
Iso é unha ovella.
- Unha ovella? - Unha ovella.
Claro, e está moi ben feitiña.
Adeus.
Son Sam.
Este non é. Onde demo está David Claybourne?
Eu non o teño.
A que te refires? Onde está?
Non sei. Eu non o recollín.
Recollíchelo porque estaba no hotel.
El non estaba. Estes son todos os que había.
Vállame Deus.
Se o director sabe que perdemos un parlamentario, estamos fodidos.
E con "fodidos" quero dicir mortos.
Iso xa o entendín. Grazas.
Ou!
No comments yet. Be the first to leave one.