The first 200 lines.
"O ÚNICO HOME DO QUE TIVEN MEDO
FOI UNHA MULLER
CHAMADA GRISELDA BLANCO."
PABLO ESCOBAR
- Diga? - Carmen?
Si?
Ola, son Griselda.
Griselda? Estás ben?
Escoita, sei que pasou moito tempo, mais necesito un favor.
Que pasa?
Pasou algo entre Alberto e eu,
e pensei que se alguén me entendía...
Vaia, rula. Síntoo.
Queres falar diso?
Si, cando chegue aí.
Aquí? Vés a Miami?
Cos nenos. Tes un cuarto de sobra.
Non si?
Teño, mais é moi pequeno.
Chegaremos pola mañá.
Carmen. Moitísimas grazas.
Merda.
Listo.
Mamá...
É moi cedo. Non hai un voo máis tarde?
- Fixeches a maleta? - Fixen.
- E Alberto? - Explicaréivolo no coche.
Onde está Ozzy?
Non sei. No baño?
Ozzy, temos que marchar xa!
Teño que facer popó antes de subir ao avión e non me sae.
Bule!
Vamos.
Mamá.
Alberto e eu ímonos divorciar.
E nós marchamos agora para Miami.
Odiaba ese merdeiro de todas formas.
Non fales así de teu pai.
Non é meu pai.
Dixon, agora non podo con esa puta actitude túa.
Tes que practicar o inglés.
Non quero ir a Miami.
Seino, meu amor.
Mais vai ir todo ben.
Chegamos.
- Carmen, tes unha casa preciosa. - Grazas. Pouco a pouco.
Non me creo que esteas aquí.
Eu tampouco.
Non sabes a merda de día que tiven.
Xa falaremos. Mostrareivos o cuarto. Vamos.
Veña.
Este é o cuarto.
Estupendo.
Un pode durmir na poltrona.
E unha merda.
Dixon!
Síntoo. Un voo largo.
Eu tampouco querería durmir nesa poltrona, Dixon.
Canto tempo cres que quedaredes?
Ata que me recupere e atope unha casa.
- Espero que non che importe. - Claro que non. Acomodádevos.
Para, Dixon!
Xa basta!
Escoitade, por favor.
Cando poida, conseguirei un sitio onde mudarnos.
Prométovolo.
Por agora, sede bos hóspedes.
Non vos portedes coma animais.
Nada de groserías, e baixade a puta tapa do váter.
Mamá, de que a coñeces?
Vós coñecéstela en Colombia.
Era amiga de Alberto, e viámola cando iamos a Nova York.
Por que non fala español?
Iso é o que pasa cando un se cría aquí en EE. UU.
- Non quero falar en inglés todo o tempo. - Seino.
Aprende isto.
Fuck you.
É todo o que tes que saber dicir.
Non hai que falar inglés para saber que non nos quere aquí.
Xa, fillo.
Estou traballando niso.
Aínda non creo que esteas aquí.
Eu tampouco.
Sei que é moito pedir.
Que saibas que se tes algún problema,
buscarei un motel e...
Non, Griselda, non é iso.
Sabes que empatizo coa túa situación.
O meu divorcio de Reynaldo foi brutal de carallo.
Mais...
Non queres rodearte desa merda de novo, enténdoo.
Moitas mulleres deixan o home, non a vida.
Non sabes que me fixo.
Mancoute?
Peor.
Mira, Carmen.
Non te chamei só por todas as veces que o pasamos ben xuntas.
Chameite porque vin o que fixeches.
Non só mandaches a Reynaldo á merda.
Marchaches. Fixeches o que querías.
Agora tes a túa propia axencia de viaxes.
É inspirador.
Tanto tempo de auxiliar de voo serviu para algo.
Eu tamén quero iso.
Que?
Un negocio propio.
Despois de todo polo que pasei, xúrocho, Carmen,
paso do puto narcotráfico.
E se vés traballar para min na axencia?
Para comezar e ver como funciona un negocio.
Cando empezamos?
Ás 8:00. E non chegues tarde.
Alguén vai desfrutar moito sendo a miña puta xefa.
Por Alberto e Reynaldo. Que algún día reciban o seu merecido.
Brindo por iso.
Se sacamos 65 quilos desta pasta, quedaremos coma uns príncipes co xefe.
Para iso estudamos matemáticas.
Arturo?
É túa nai.
Vaiche boa...
Ao teléfono.
Como fode a señora.
- Mamá, díxenche... - Arturo, son eu.
Hostia, Griselda! Por que chamas aquí?
Os nenos e ti estades ben?
Si, estamos todos ben.
Xa sabe onde estou?
- Non, e eu prefiro non... - Estou en Miami.
Merda.
Non sabe onde estás, mais é obvio que te está a buscar.
E ti? Estás ben? Fixéronche algo?
Non, eu só son o contable. E díxenlles a verdade. Que non sabía nada.
Grazas a Deus.
Arturo, escoita.
Vin cun quilo.
Necesito vendelo.
Podo quedar aquí e comezar de novo.
Crear algo meu.
Creo que xa é hora.
Paréceche unha boa idea?
A mellor que tiven en moito tempo.
Lémbraste dun tal Manny Suárez, que lle compraba toda a coca a Fernando?
Si, o de Miami. Mais está morto.
Si, mais sempre falaba dun sitio aquí onde os narcos ían facer negocios.
O Mutiny.
O Mutiny.
Certo.
Rula, vouche dar un consello.
Cóidate.
Estás soa e non tés a ninguén.
Nunca tiven a ninguén, Arturo. Só a ti.
Chámote despois. Teño que colgar.
Se queres, podo ir para alá...
- Que tal o almorzo? - Ben. Algún cliente?
Non,
mais veu o carteiro.
Intentei venderlle un billete a Puerto Vallarta, mais nada.
Volverase máis doado. Podo axudar co discurso.
Necesito que me axudes todo o que poidas con iso. Si, por favor.
Vale, ben. Vai almorzar. A cafetería ao cabo da rúa é boa.
- Vale? - Vale, si.
Limpa iso de novo.
Non está limpo.
Vai a que che miren a vista, cabrón.
Es colombiano?
Son.
Vin a EE. UU. a facer o que nos toca a todos, lavar pratos.
Sei o que se sinte.
Ola!
Hostia... Perdón.
Merda! Estaba chea.
Tranquila. Pedireiche outra.
Paréceche?
Problema resolto.
Coral Gables Travel?
Creo que a coñezo.
Talvez pase por alí e compre uns billetes ao Río.
Son caros.
Non hai problema.
Vivo practicamente nunha suite aquí arriba.
Entón supoño que che gustan as cousas boas, non si?
Hostia.
Tropecei coa rapaza adecuada.
Non é coma esas raias fracas gringas.
Non hai problema, boneca.
Que se coce alí atrás?
Rafo Rodríguez. Chámano Amilcar.
Traballas para el?
Todos o facemos. Dunha forma ou outra.
Hostia.
Ti si que sabes.
Non é a merda á que estás afeito.
Si.
Sabes? Pode que mesmo che poida vender un quilo.
Espera. Agora resulta que es unha camelo ou algo así?
Parézoche unha camelo?
E por que cres que eu compro?
Coñezo os tipos coma ti.
Roupa bonita, cun camiñar...
Camiñan rápido, falan demasiado.
No comments yet. Be the first to leave one.