Reacher

Reacher

Download Galician Subtitle

Season 4

Release info

Reacher S04E04 Karambits and Pieces 1080p WEBRip 10Bit DDP5 1 x265-NeoNoir
A Commentary by chargephoton88

Tags

webdl
Published on: 2026-08-21
Downloads: 4
Hearing Impaired: No
FPS: 23.976

Galician subtitle preview

The first 200 lines.

Anteriormente…

Suicidouse no tren onde ía o xefe de gabinete

dun candidato presidencial?

A CIA ponse a secuestrar xente por iso?

É unha reportaxe.

Non sei onde está Ben. Pero coñecía a rapaza coa que marchou.

- O seu nome real é Mary Ellen Daniels. - Tes un enderezo?

Os autores non son afeccionados.

Atopei o coche da suicida.

Por que deixou un coche en perfecto estado

e colleu o metro?

Un carné do traballo.

Nome: Anna Merrick. Centro de traballo e autorización nivel oito?

Polo menos sabemos por onde seguir.

Que demo facía Anna aquí?

A Putra e os seus adestrounos

- un experto da Forza Delta. - John Sampson.

Na USB hai probas que conectan a Sampson con isto.

Nunca torturei nin asasinei civís.

- O xefe de gabinete? - Que pasa con el?

Por que ía no metro con Anna Merrick cando se suicidou?

Síntoo, John.

- Nolan. Nolan! - Non!

Amosara o señor Cahill signos de angustia?

Non.

Algo en particular que o preocupase? Algún problema amoroso ou económico?

Non, que eu saiba.

Deixou algunha nota? Unha mensaxe de texto? Un correo?

Detective, agradézolle a súa meticulosidade.

Pero non deixou nada.

Nin amosaba sinais de alarma, e agora mesmo…

Descúlpenos. Intento afrontar a perda dun amigo.

Está ben. Se teño máis preguntas, poñereime en contacto coa súa oficina.

Grazas.

Como o localizo, señor Reacher?

Non pode.

A miña oficina pasaralle as súas consultas ao Sr. Reacher.

De acordo. Iso váleme. O meu pésame.

Chamaron da recepción. Están chegando periodistas.

Temos que trasladalo.

Non era ningún segredo que paraba no hotel.

E que Nolan era un empregado.

Dá mala imaxe que estea onde se produciu un suicidio.

Non me fodas, Springfield.

Servín 11 anos con ese home.

Non o deixarei tirado nun aparcadoiro baixo unha lona.

John, xa non podes facer nada por el.

A prensa pedirá declaracións.

Nolan sería o primeiro en dicirche

que no teu estado non debes facelas.

Isto seméllase ao adestramento militar.

Ás veces hai que dar un paso atrás e reorganizarse.

Apetéceme unha cervexa.

Son as nove da mañá.

Sei dun bar aberto.

- Grazas. - Grazas.

Non sabía con que o adozas, así que collín

azucre, estevia e sacarina.

Azucre, grazas.

A partir de agora xa o sei.

Merda, mirade o que atopei.

O ano pasado, aprobouse un plan de redución do déficit.

É como baleirar a culleradas

o caldeiro xigante da débeda nacional.

Unha medida baleira para facernos crer

que os políticos fan algo.

- Céntrate. - Xa, perdón.

Unha das culleradas era que a administración prescindiría

de caros almacéns de documentos.

Gardan documentos de hai décadas.

O arrendamento e o mantemento resultaban moi caros.

Segundo esta lei, os documentos de máis de dez anos deben dixitalizarse,

subirse a un servidor seguro e destruír a copia de papel.

Teñen que estar a facelo nese sitio.

Supós ou afirmas?

O Goberno non publica os enderezos

dos almacéns onde destrúen documentos,

pero estudei abondo os edificios federais

como para saber que esa cheminea é o ventilador

dun incinerador industrial.

Se queren que desapareza algo importante, quéimano.

Por iso ninguén viu o informe orixinal da Comisión Warren.

Por que non trituralo?

Non viches Argo? Poderían pegar os anacos.

Temos que entrar e ver a que tiña acceso Anna.

E que roubou.

Iso non o sabemos.

Meu, non é por criticar a túa irmá,

pero traballaba nun edificio de alto segredo

e marchou cunha USB que todos queren.

Que máis podía facer?

EMPREGADO PERMISO DE APARCADOIRO

Moitos destes coches teñen un pase de aparcadoiro coma o de Anna.

Seguramente para aparcar aló. Se teñen o mesmo pase,

han ter a mesma tarxeta de acceso ca ela.

Xa sabes como entrar.

Pódennos arrestar por intento de roubo da tarxeta de acceso.

Están a buscarnos.

Meteríannos na base policial.

Temos que entrar. Non podemos usar a súa tarxeta.

Unha morta na barreira de seguridade?

Pillaríannos.

- Deus! Mire por onde anda! - Canto llo sinto.

Teña.

- Síntoo moitísimo. - Mi madriña, merda.

Por Deus.

Teña as cousas. Síntollo moito.

Tranquilo, xa está.

Perdoe por poñerme así, é que estreo a camisa.

Teña isto para a tinturaría. Insisto.

Non fai falta. Vaia.

- Dúas cervexas. - Grazas.

Por Nolan Cahill.

Manda carallo.

Coñecino o primeiro día de adestramento na Delta.

Aterrorizounos a todos.

Nunca coñecín un cabrón igual.

Por iso o nomeou xefe de gabinete?

Porque ninguén o podería intimidar?

Algo así non ten prezo.

Sabía que non lle importaría traballar para alguén

que tivo baixo o seu mando.

Non tiña problemas de ego.

A misión era o principal.

Fíxome á súa imaxe. A todos nós.

Se iso é así, que o faría tirarse dun tellado?

Como di?

Di que el o fixo á súa imaxe.

Logo os seus principios e valores serán parecidos.

Coa mesma información, e na mesma situación e circunstancias,

vostede reaccionaría igual. El sabía algo que vostede non.

Por iso lle pregunto que o faría saltar a vostede.

Non teño nin idea.

Non é como lle contou a súa fonte.

Nunca torturamos ou matamos civís.

Pero torturaron e mataron xente.

Nós marcharamos.

Que fixo exactamente en Indonesia?

Xa sei que non coñecía a Anna Merrick.

A morte da muller é irreversible.

Pero o fillo segue desaparecido.

Ten 20 anos e estará con asasinos psicópatas.

A verdade pódenos axudar.

Señorita, un whisky.

As conversas que precisan whisky…

Son conversas que non deberían ter lugar.

Pero se cre que hai algún xeito no que poida axudar, cóntolle o que sei.

Mesmo se legalmente non pode falar?

Contareille todo o que poida sen incumprir o meu xuramento.

Válelle un Dewar's?

Si, grazas.

Enviaron o noso escuadrón a Indonesia cun equipo de científicos.

Algo sobre plantas da selva tropical para atopar unha cura

para novas cepas de malaria resistentes aos antibióticos,

ou… xa non me acordo.

O tío Sam mándate a Asia cun grupo de científicos,

e ti vas.

Debiamos protexer os científicos

e garantir a cooperación

do goberno local mentres estabamos alí.

Cahill supervisou esa parte da operación.

A cambio da hospitalidade de Indonesia,

os EUA acordaron adestrar as súas forzas especiais militares,

dirixidas polo xeneral Reza Putra.

Eu supervisei esa parte da operación.

Ensineilles de todo, dende adestramento con armas ata tácticas de guerrilla.

Cando chega á parte sobre o masacre de disidentes?

Ao volver aos Estados Unidos…

Putra perseguiu xente.

Calquera que se opoñía ao seu crecente poder.

E no proceso, arrasou unha aldea enteira.

Civís, nenos, anciáns.

Xente inocente e boa. Foi indiscriminado.

De súpeto, non era só un xeneral co que faciamos manobras na selva.

Era un criminal de guerra.

Dedicouse a cometer actos indescritíbeis.

Saddam Hussein, Noriega.

Fomos amigos de Bin Laden cando loitaba contra os rusos.

Non sería a primeira vez que pasa.

Aínda así, se o meu vínculo con Putra saíse á luz,

arruinaría o meu labor e o do meu equipo

de todos estes anos, entende?

A súa fonte busca arquivos roubados que me relacionan cun monstro.

Cre que vostede é o monstro.

Pois dígalle que se equivoca de persoa,

porque non teño nada que ver co que Putra lle fixo a esa xente.

De feito, o Goberno americano mandou un equipo aló

para falar con Putra en canto o souberon.

Algo fixo a Cahill seguir a Anna Merrick

ata aquel metro e algo o fixo saltar do tellado.

Hei atopar a USB e descubrir o que.

Pois oxalá o consiga.

E cando a atope, faga o correcto.

E devólvama.

Parece desexala moito para non saber o que contén.

Diría o mesmo de vostede.

Tanto que mandou un equipo táctico de mercenarios por min.

Eu non actúo á marxe da lei.

Iso faino a CIA. Igual por orde súa.

Xa lle dixen que non teño nada que ver coa CIA.

More Galician subtitles for Reacher

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left