Ride or Die

Ride or Die

Download Galician Subtitle

Season 1

Release info

Ride or Die S01E04 The Spanish Prisoner 1080p WEBRip 10Bit DDP5 1 x265-NeoNoir
A Commentary by chargephoton88

Tags

webdl
Published on: 2026-08-21
Downloads: 0
Hearing Impaired: No
FPS: 23.976

Galician subtitle preview

The first 200 lines.

Debo atopar a Donovan.

Andará escapado.

Anteriormente en Amigas a morte…

Localizamos o pasaporte del nun aeroporto.

Diríxese a unha casa segura que ten no norte de España.

Seguindo por aquí…

- Roubáronme 24 millóns de libras. - Merda.

Atópaas.

Son a tapadeira duns asasinos.

Que parte non entende?

Elimina o problema.

Atopáronnos!

- Temos que apearnos xa! - A que te refires? A saltar?

Non adoito facer isto.

Pero se queres que repitamos, avísame.

Grávoche o número no móbil.

Merda!

Está vivo.

ORFANATO ST. MARY

Grazas polo seu tempo, reverenda madre.

Ao chegar a certa idade, élles moi difícil saír do sistema.

Perdón, madre.

Os que son tan pequenos que non nos lembran

teñen máis posibilidades de ser elixidos.

Non se ofenda se non fala con vostede, é…

complicada.

Non está todo no expediente.

O seu comportamento empeorou dende que a devolveron.

Devolvérona?

Todos os nenos soñan con que os escollan.

Cando os adoptan e os mandan de volta,

todos eles perden algo.

A esperanza.

Ola.

Podo sentar?

Catro cargos de incendio, tres de roubo,

dous de furto maior, un de entrada ilegal nun domicilio,

un de resistencia á autoridade.

Porén, dixéronme que tes un coeficiente intelectual extraordinario.

Quen che ensinou francés?

Aprendín soa.

Non é difícil.

Canto levas aquí?

Toda a vida por tempadas.

"Ao chegar a certa idade, élles moi difícil saír do sistema."

Ninguén quere adoptar alguén coma min.

Non quero adoptarte.

Non me diga?

- Ofrézoche unha bolsa de estudos. - Para que?

Programa vocacional para nenos superdotados.

Haberá adestramento deportivo intensivo,

idiomas, novos métodos didácticos,

- disciplina… - Por que eu?

Sabes o que vexo en ti?

Desprezo pola autoridade,

- posible sociopatía… - Potencial.

Poderías converterte en alguén…

extraordinario.

Non, grazas.

Moi ben.

Iso é todo?

Si.

Iso é todo.

Teño entendido que te…

devolveron.

Facerlle iso a un neno é algo imperdoable.

No meu programa, nunca devolvemos a ninguén.

Volve agora mesmo, rapaza!

Si, por favor.

AMIGAS A MORTE

ESPAÑA

Pásamo.

- Non cho estou preguntando. Faino xa. - Ola, Whiptail.

Non o fagas.

Non mates a Debbie.

Non o fixen eu. Fixéchelo ti.

Non falará. Non contará nada.

Por favor, podes cancelar o seu asasinato?

Morrerá todo aquel que mandes a matala.

Iso xa o deixaches moi claro.

Violaches as normas e mataches un dos nosos por unha civil.

Quen é Debbie Claybourne para ti?

Non me mintas.

Ela é…

Dío.

É a miña amiga.

Non che ensinei nada? Os lazos emocionais fannos vulnerables.

Non podes sobrevivir neste traballo, nesta vida, cunha…

- amiga. - Pero fixen tal.

Fíxeno, sobrevivín.

Non sabías nada dela.

Non sabías que existía.

E mira como acabamos.

Agora eu sei dela, e ela sabe de min.

Pois logo escolle a túa amiga.

Cancelarei a orde.

Pero agora estás fóra e pola túa conta.

Como?

Non.

Non, por favor.

Farei o traballo, ocupareime de Billy Donovan.

Escolle. Ou ela ou eu.

Remata o traballo. Tes 24 horas ou estás fóra.

A ver. Temos…

sete euros,

corenta céntimos e un caramelo.

Estás ben?

Estou, si.

Contestou David?

Non, nada. Pero vexo que os le.

"Sei o dos albaneses."

Por favor, devólvennos xa o teléfono?

Sei o dos albaneses!

CONTÉSTAME

Onde…?

Mataches toda esa xente.

Si.

Fixéchesme isto.

Non, eu púxenlle un tranquilizante. Isto fíxoo vostede.

Asustouse, foi bater contra a parede e quedou inconsciente.

Onde estou? Que queres?

- Como lle chama a súa muller? - Que?

A súa muller, como lle chama?

Cando están na casa, acuruxados,

o apelativo cariñoso ou o que sexa.

A muller?

"D." Chámolle "D."

Iso gústame.

Agarda, que queres?

Estás falando con miña muller? Con Debbie? Debbie!

D, non o compliquemos máis do necesario. Xa me ocupo.

"Canto menos saiba, mellor"?

- "Canto menos saiba, mellor"? - Imbécil.

Vaia imbécil.

Bloqueoume.

- O tío bloqueoume. - Como?

Temos que atopar a Billy xa!

Déixame ver iso.

COMPRA E EMPEÑO

Canto?

Jacques Boucher, Interpol.

Non o esperabamos, señor. Temos a escena baixo control.

O tren cruzou fronteiras internacionais. Ensíname a escena.

Non movemos o corpo, o equipo forense vén de camiño.

Están todos os pasaxeiros, agás dúas mulleres.

Unha tal Veronica Gillingsby e unha tal Susan Stewart.

Subiron en Calais. Non nos consta que se apeasen.

- Onde cren que foron? - Non o sabemos.

Hai signos de loita, sen testemuñas.

Pero como pode ver…

Carallo!

Estou fodido. Pero ben fodido.

Traballo para unha axencia de asasinos

e metín unha descoñecida na casa.

É unha regra básica.

Temos un seminario sobre este tema.

Seduciume unha espía.

Estás perdendo a cabeza, si?

O software que che instalou no móbil…

Nunca tal cousa vira.

Sexa quen sexa esa muller, é un puto xenio.

- Vanme matar. - Vale.

Pois non llelo contamos.

- Nós? - Si, nós.

Se morres, adeus á miña reunión co director.

Seguro que deixou algún rastro, como impresións dixitais ou ADN.

Tocou algo?

A maiores de… xa sabes.

Non che vou lavar a louza.

Tomou un café.

Moi ben, neno.

Menos mal que non puxen o programa longo.

Obterei as impresións canto antes.

Será Whiptail. Levo toda a noite tentado contactar.

Son Sam.

Un momento, máis amodo. Como?

Si. Si, non, agora mesmo vou.

Mandaron un asasino pola amiga de Whiptail.

Que pasou?

Ti que cres?

Só son chilindradas para os meus netos.

Tiña os pasaportes das dúas mulleres.

"Veronica Gillingsby."

Quen es?

Non temos cuartos de hotel.

Temos diñeiro. Déronme 4000 € polos meus aneis de voda.

Menos o que custen dous cafés,

dous canabarros e unha bolsa de xabóns con forma de limón.

Vimos de moi lonxe. Por favor, onde está o seu mellor hotel?

Nesta vila non temos hotel, só hostal.

Pero…

para vostedes, teño un cuarto. Dúas camas, unha noite, son 12 euros.

Vale.

Moi ben. Isto é un regalo.

Pulseiras da amizade.

Porque son moi boas amigas, non si?

Vale.

Vamos.

A escaleira está rota, teñan coidado.

Hai baños compartidos á esquerda do…

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left