The first 200 lines.
Anteriormente en Amigas a morte…
Cal é o plan?
Vou matar a Ana.
Tac.
Arranca o coche! Evacuarán por atrás!
Despois devolverei o diñeiro e afastareime de Debbie canto poida.
Pode explicar a súa solicitude do despacho de avogados de Nova York?
Eliminei o correo electrónico no que lle ofrecen o traballo.
Debbie!
Coñezo un sitio en Camboxa.
Significa "afastado e difícil de ver".
Ven comigo.
Para o coche!
Veña, faino! Faino, Sam!
Que escapa!
Representa un problema o vínculo emocional?
Con ela?
En absoluto.
Quen é ela?
Unha asasina.
LONDRES
Máis de 12 membros do Parlamento foron chamados a declarar
sobre acusacións de corrupción,
aceptación de subornos a fin de bloquear a lei de transporte
a petición de Ergon Kreshnik, líder dunha banda criminal albanesa,
asasinado en Suíza esta mesma semana.
O primeiro ministro gabou a policía
e cualificou a situación de "mancha na política británica".
Sigue coa cámara!
- Aí está! - Máis xornalistas.
Debería tapar a cara? A xente fai iso?
- David. - Ou parecerei máis culpable?
- Sorrío? Iso non tería sentido. - Velaí está! Veña!
Debbie, non podo facelo sen ti, necesítote!
Sabes o que, David?
Vai á merda.
David!
Anímate.
Sen escenas.
Debbie!
Señora Claybourne.
Premendo este botón pode oílo.
Non necesito oílo, sei o que está dicindo.
Boas novas.
Queda libre de cargos.
Descoñecía as actividades de David.
E o pasaporte?
Dalgún xeito desapareceu do arquivo de probas.
Pode marchar.
Cremos que os albaneses xa non serán unha ameaza,
pero podemos mandar seguridade ao seu domicilio para protexela.
Estou farta de que me protexan.
Debbie?
En Xenebra dixo da súa amiga…
Non é a miña amiga.
E iso é todo o que direi.
O nervio óptico está normal.
Eses puntos son bos. Quen os fixo?
Un tipo en Mónaco.
Está morto.
Dáme a alta, debo atopar a Redback.
Estarei encantado de darche a alta para que te incorpores
en tres semanas.
Dúas semanas.
Tes a alta. Estás perfecta.
Podes marchar, Whiptail.
BORRANDO SUXEITO
COMPLETADO
REXEITADA SAM
Q, feliz aniversario.
Q, feliz…
"Miña Queenie.
Cada ano escribo esta carta, e cada ano espero que nunca a leas.
A vida de todo fillo está ditada polas decisións do proxenitor,
e as miñas non foron boas.
Pero quero que saibas que te quixen máis que a nada neste mundo.
Aquí hai cartos abondos
e identidades abondas para que empeces de novo.
Marcha lonxe de aquí.
Debíache unha vida mellor…
PARTIDA DE NACEMENTO
…e tamén a verdade.
Aquí tes todas as respostas.
Quérote.
Mamá."
Manda carallo.
Vale.
Ola. Síntoo, está pechado.
Que sitio tan bonito.
- Díxenlle que está pechado. - Son zapateiros?
Reparan calzado.
Desculpe, o meu inglés… Perdoe.
Pero esa palabra
non se usa tamén para referirse a quen falsifica pasaportes?
Que quere?
Interpol.
Quero respostas.
Que facía en Xenebra?
En Xenebra?
Nunca estiven en Xenebra. Pero encantaríame ir algún día.
Si que estivo.
E rastrexámola ata aquí,
onde crean documentos ilegais.
E se tivese que apostar, apostaría a que fixeron estes.
Mire, non sei de que me está a falar.
Podo repararlle eses zapatos tan feos
ou pode ir tomar polo cu.
Se hai algo que queira contarme,
déixolle o meu número.
E gústanme os meus zapatos.
Calidade francesa.
AMIGAS A MORTE
Macallan 35 anos,
cun cubo de xeo.
Non se toma así, pero é como che gusta.
Merquei ese whisky o ano que te recrutei.
É unha das máis prezadas posesións.
Dáme o expediente.
Isto é todo o que teño sobre Redback.
Nunca abrira un encargo no que o obxectivo é un dos meus.
Acaba con isto.
Completa a misión e volve.
Ti e mais eu volveremos ser un equipo.
Londres acabouse, a miña tapadeira descubriuse.
Necesito un traslado.
Judith Burton morreu.
E Debbie Claybourne?
Iso acabouse.
David!
Vai abrir!
David!
Perdoa, tiña que ser unha sorpresa.
O que?
- Debbie, ola! - Invitaches as do club de lectura?
- Encántache. - Non queremos molestar.
- Toca club. - Para animarte.
- Levas días na cama. - Porque segues aquí.
- Non podo marchar. - Supoñíase
que non vivirías na miña casa.
- É a nosa casa, e pensei… - O que?
Que ao estar atrapados querería volver contigo?
Que cociñar un día compensaría o que fixeches?
Podemos marchar.
- Non as atenderei. - Viñeron por ti,
para que non pases soa por isto.
Cres que poden axudar?
- O biscoito. - É mal momento, Debbie?
- Podemos marchar. - Ti non fas biscoito.
Ben, quen quere empezar?
Non me gusta o club de lectura.
Nunca me gustou.
Non leo os libros.
Creo que escolledes libros malísimos.
Foi o irmán?
Si.
Un whisky, Debbie?
Ti non bebes whisky.
Non sabedes nada de min.
Probei a cocaína.
Onde está?
Non, non podes pasar, ela non quere verte!
- Fóra. - Debbie.
Non quero oílo.
Fóra…
- de aquí. - Marcho.
- Nunca me volverás ver. - Ben.
- Tes que escoitar algo. - "Tes que"?
"Tes que". O certo é que non.
Non teño que facer nada que non queira.
Nin seguirlle a corrente a este incompetente
e os seus patéticos intentos de cociñar!
Nin finxir que lin ese estúpido libro
nin escoitarte mentres te arrastras pedíndome perdón.
- Fóra. - Non.
Vale! Pois marcho eu.
Debbie.
Debbie.
Arrea.
Debbie, espera! Debbie.
Por amor de Deus. Debbie, espera!
Vai á merda, David.
Xa que me vas odiar igual, teño cousas que dicirche…
Máis? Teño que escoitar máis opinións sobre min?
Máis adxectivos sobre ser unha corrente e aburrida muller de mediana idade?
Mentía! Tiña que dicilo para protexerte.
E eliminar a oferta de traballo era para protexerme?
Iso fíxeno para protexerme eu.
Acababa de facer unha cousa terrible,
e non podía soportar a idea de que me deixases. Así que… si.
Si, elimineino. E asegúroche que me arrepentirei toda a vida.
Foi un traballo e só unha vez.
Conseguinche moitas ofertas.
- Mellores. - Fuches ti?
Si, fun eu!
- E non aceptaches ningunha! - Porque non estaba cualificada
para ningún dos postos e non era bo momento.
A carreira de David, a marcha dos nenos…
Viches? Sempre fas iso!
Buscas escusas. Por iso vin hoxe aquí.
Porque non serei a túa seguinte escusa.
No comments yet. Be the first to leave one.