ആദ്യത്തെ 200 വരികൾ.
Hai polo menos dúas versións de cada historia.
A túa e a miña.
A nosa e a deles.
A del e a dela.
Iso implica que sempre hai alguén que mente.
Como te atreves? Ala!
Como te atreves a espertarme?
Como estás, ruliña?
Pódoche preguntar algo?
- Quen é a máis guai? - Eu.
- E a mellor? - Eu.
- A máis valente? - Eu.
Tes razón. Vai abaixo, imos almorzar.
Vamos!
Quéroche, ruliña.
Merda.
Ei, collíchesme o cargador?
Zoe, onde vai o meu cargador?
Non sei.
- Ei. - Queres botar cornos?
Eh?
Traballaches de noite?
Non. Que queres, rula?
- Amorodos. - Si?
Amorodos? Vale.
Non te oín vir.
Nin con Megadeth a todo volume me oirías.
Non empeces. O vodka é máis barato cós somníferos.
Sabes que hoxe ten fútbol, non?
- A que hora empeza? - Ás 15:00 ou 16:00.
Ás 16:30 os mércores.
Que?
Nada. Cheiras ben. Que raro.
Merda. Non, espera.
- Non podo levala. - Por que?
- Quedei con Barbara. - Non podo ir?
Non, rula. Que dis? Hai que levala...
Chamas a Barbara e dislle que non podo ir?
Rula, lévote eu. Pero veño dereito do traballo.
Sabes que significa iso? Que tes que estar lista.
A auga, as botas e...?
- As caneleiras. - Iso é, rula.
Ei, Meg, Meg. Quéroche.
Quéroche.
- Adeus. - Adeus.
Adeus.
Bo día. Xa vou eu para aí!
Ola. Que é iso? Servizo na rúa?
- Está quente. Tome. - Grazas, Priya.
Ben, vamos.
A onde imos?
- Mandeille 20 mensaxes. Viunas? - Teño o móbil fodido. Que foi?
Temos un cadáver.
CHARISSA ARMON ATOPARON A PÉ GRANDE?
MICHAEL POOL NON... ATOPARON UNHA MULLER MORTA
Agora a anestesia mata a dor, pero a raíz está fracturada.
Iso causa unha infección.
Dúas opcións.
Unha, antibióticos. Igual se salva o dente.
Dúas, arrincalo.
Se fose eu, arrincaríao, pero non pasaría un ano sen revisión.
- Déame as pastillas. - De acordo.
Escribe o nome da persoa que atopou o corpo.
Unha chamada anónima.
Anónima? Que?
Kimmi non lle sacou un nome? Home, muller?
Non, pero os indicios iniciais...
Os indicios iniciais? Os de quen? De Walters?
- Walters. - Si.
Bill, o de fichaxe? Veña, ho.
Non tiveron un asasinato en dez anos, pero teñen indicios iniciais?
Boston, non fagas iso.
Ti pódelo facer mellor.
Que os relatos non che nubren o xuízo na investigación dun posible homicidio.
Precísanse feitos, non indicios.
Nin espiñadas.
Se che veñen con espiñadas, mándaos á merda,
sobre todo, se son desta zona.
- Vostede é desta zona. - Si, son.
Si, grazas por dicilo.
Ben. Aquí estamos.
Quero que lembres o lentas que van as cousas aquí.
Non coma en Atlanta?
Non aparecen moitos cadáveres en Dahlonega.
Ala.
- Bo día. Detective Priya Patel. - Bo día.
- Que tal? - Ola. Ben.
- Bo día, detective. - Bo día.
Temos unha boa aquí.
Si?
Unha animalada. Espero que non sexan sensibles.
É o peor que vin desde hai moito.
Ben. Sabemos a hora aproximada da morte?
Non, por agora non.
Atopouse algunha arma?
Non.
NOVAS FIDEDIGNAS WSK CANLE 5
Ola, Sam. Non funciona.
A ver, logo.
Caducou o ano pasado.
Feito, Sra. Andrews.
Alégrame que volva.
Grazas.
- Esa é Anna? Ei. - Esa é Anna?
Sabiades que volvía?
Anna!
- Eras Lexy, non? - Sigo sendo.
Estás incrible. Que che pasou na cara?
Desculpa, vou ver a Jim.
- Vas volver? - Claro.
Atención, entramos de aquí a dous minutos.
Encántame que volvas.
Décheslle o meu traballo?
Andrews, xa sabes que non é tan simple.
"Lexy, volveu Anna. Estás despedida." É tan simple coma facer un sándwich.
Chámaa e fágocho eu.
Ten contrato.
- Tamén eu o teño. - Tíñalo.
Non a podía seguir tendo como presentadora substituta.
Sen contrato permanente, marchaba.
Como permites que esa muller sexa a cara da canle, Jim, en Atlanta?
Non miro a cor.
Mira, Anna.
Eu son pai.
Imaxino o inferno polo que pasaches.
Compadecémonos de ti.
Todos nós.
Pero, malia a nosa compaixón, desapareciches un ano.
Non preciso a túa compaixón.
Agradézocho, Jim. Pero non fai falta.
Precisaba tempo, estou ben.
Se teño que reinventarme para recuperar o traballo, fareino.
Por que agora?
Unha semana, un mes, un ano, é igual. Estou lista.
Levo traballado abondo para poder desaparecer.
Síntoo moito, Anna. Non podo facer nada. En serio.
- Dahlonega. - Como?
Atoparon un cadáver.
Xa sei.
Déixame ir de reporteira.
De reporteira?
Reinventarse está ben, pero iso é pasarse.
- Nacín en Dahlonega. - Ai, si?
Crieime alí. Coñezo a xente e falará comigo.
De que? Aparecen cadáveres todos os días.
En Atlanta, non nunha vila pequena,
nin cando a asasinada é unha muller branca.
Como sabes que foi asasinada e que era branca?
En Dahlonega? Faime caso, Jim, é branca.
Igual non é nada.
Se non é nada, marcho, pero os dous sabemos que non é así.
Entón, reporteira, eh?
- Salario de reporteira. - Feito.
Que che pasa na cara? Pensarán que tiveches un ictus.
É a anestesia. Pasa axiña.
E un cámara. A quen queres?
Richard.
Richard?
Jones?
O home de Lexy? Coñécelo?
Non, pero seica é o mellor.
Unha noticia, Andrews.
Se a cagas e me creas problemas, vas fóra.
Tes dúas horas. Entras nas novas das 18:00.
Grazas, Jim.
Si, que sortaza teño.
Arre hostia!
Dado o número de coiteladas, o asañamento,
pregúntome que mensaxe quererá transmitir o asasino,
consciente ou inconscientemente.
Que é unha falsa.
Nada indica que iso sexa o motivo deste tipo de violencia.
Esa é a mensaxe, Boston.
Está nas uñas.
Tes visto algún cadáver?
Claro.
Onde?
Na academia.
É distinto, non?
Si. Xa me afarei.
Esperemos que non.
FALSA
Quero que todos se pregunten agora mesmo se teñen que estar aquí.
Se a resposta é non, vaian para onda o cordón e axuden alí.
O resto, póñanse aquí nun círculo.
Temos todos claro quen está encima do capó dese coche?
Morreu unha muller. Hai que respectalo e respectar a familia.
Non quero que o seu home saiba que perdeu a muller
porque nós non sabemos ter a boca cerrada.
Sexamos profesionais e actuemos correctamente.
- Si, señor. - Direillo eu.
Dígollo eu. Non se poñan en contacto con el.
- Está claro? - Si, señor.
Preciso o seu móbil.
Quero ese teléfono e quéroo xa, de acordo?
Se o atopan,
non o toquen nin remexan nel. Tráianmo a min.
- Entendido? - Si, señor.
Ben.
Espállense a dez metros uns dos outros.
No comments yet. Be the first to leave one.