Expats

Expats

Download Big 5 Code Subtitle

Season 1

Release info

Expats S01E05 WEB x264-TORRENTGALAXY
A Commentary by sash35

Tags

web
x264
TS
Web-DL
web-dl
WEB-DL
720p
720
1080
HD
Published on: 2024-02-16
Downloads: 12
Hearing Impaired: No

Big 5 Code subtitle preview

The first 200 lines.

Mira que pernas tan repoludas!

Que lindas, quero beliscalas!

Sacounas da túa familia.

Que come? Está enorme.

Que tal o día libre? Estás descansando?

Pouco. Traballo despois.

Por que traballas o domingo?

Imos ben de cartos.

Oxalá viñeses á casa.

Botámoste de menos.

Eu a vós tamén.

Mamá, temos que colgar.

O bebé ten fame.

Vale. Coidade do bebé.

Teño que traballar.

Adeus.

Adeus, mamá. Botámoste de menos.

Por que imos coa avoa?

Non sei que facer convosco...

Díxenlle a Minda que non tocase as miñas cousas.

Cuspícheslle!

Xa abonda!

Dádesme dor de cabeza e non podo conducir.

Dille a Chloe que se desculpe.

Por? Podemos contratar outra.

Por que levas a miña roupa outra vez?

Hai certa tensión fóra da sede do goberno polas protestas estudantís.

Isto fixo deter o tráfico durante todo o día

mentres os manifestantes ocupan o centro da cidade.

Amolados polo plan no que os candidatos electorais

os elixe un comité controlado polo goberno,

os manisfestantes demandan que as eleccións

de Hong Kong sexan independentes

e que Pequín non interveña.

Alentados polo recente apoio dos líderes

do movemento de Desobediencia Civil,

pasaron...

Perdoa. Desculpa.

...de centos a milleiros...

Desculpa.

...baixo un mar multicolor de paraugas.

O que queren é unha...

Queremos sufraxio universal!

Tony!

Por que chegas tarde?

A avoa dun amigo levoume de brunch

e xogamos catro partidas de mahjong.

É broma. Había atasco.

Hai moita xente.

Non sabía...

Un día, chamaron os mozos para loitar

e o fillo do granxeiro non foi á guerra

porque tiña a perna rota.

Cóntovos esta historia porque lle damos importancia ó ir e vir da vida

e non sabemos o plan do Señor.

Debemos ter fe, sen importar o malo ou o bo que nos pase.

Todo ocorre segundo o plan do Señor.

Clarke está faltando ó traballo.

Iso é moi raro e preocupeime. Intentei localizalo.

Xa vexo. Grazas por dicirmo.

Momo!

Momo!

Momo.

Aquí estás.

Non teñas medo.

Estamos case.

Compórtate.

Non teñas medo.

Adoro vivir nun hotel.

Debe ser carísimo.

Levades moito en Hong Kong e neste hotel?

Levamos catro anos e vivimos en tres hoteis.

Sempre pregunto que imos facer cando naza o bebé

e haxa que quentar o leite e así.

E?

Chamar o servizo.

Ola, Essie!

A ensalada está lista.

Letra N! Na cama con alguén... 44!

Ola, Puri!

Onde estabas?

Perdón. O ensaio acabou tarde.

Ás audicións abertas pode ir todo o mundo.

Que farás? Uns brownies?

Non é un concurso de cociña.

Dá igual, teño que traballar.

Pedinlle á señora a mañá libre para ir.

Non pediches o día?

E que mo recorden todo o mes?

Paso.

Puri é a única que pode facelo.

Vou gañar o concurso!

Aquí a vén.

Ri canto che pete,

pero un día serei unha cantante famosa.

Letra O: Oh, guapo... 74!

Meteuche esas ideas na cabeza a señora Hilary?

Ti e ela sodes diferentes.

Ela é rica.

A señora cáeme ben.

Porque che deu unha cadeira de praia?

A señora di que é importante respectarse a unha mesma.

E iso que significa?

Non nos respectamos porque sentamos en cartón?

Porque somos e seremos toda a vida criadas?

Se ten tanto respecto...

por que lle marchou o marido?

Pobre señora, non está ben.

O outro día abriu a ventá...

e deixou que chovese na sala de estar.

Quen non tolearía se descubrise

que o marido anda cunha moito máis nova?

Que?

Sabes que é certo.

Anda con outra.

Como o sabes?

Con quen?

Coa coreana. A que perdeu o rapaz.

Como se chama?

Mercy. Vén sempre polo restaurante

e ás veces veñen xuntos.

Sempre piden para levar.

Santo ceo...

Saberao a señora Hilary?

Puri, non te metas.

É a túa xefa, tes que gardar as distancias.

Límites.

Bingo!

A señora é diferente.

É a miña amiga.

Amiga?

Non sexas parva, non é a túa amiga.

Non te encariñes.

Sabémolo todo sobre esta xente...

cousas que non saben nin os seus mellores amigos.

Imaxina se todas lles contásemos o que sabemos!

Eu diríalle á miña señora que sei

que fode co señor de Diana.

E eu ó meu señor que a súa muller

fode co fillo de 20 anos do veciño.

E eu á miña que o seu marido

fode con Cici!

Que culpa teño eu de ter isto!

- Ola, Hilary. - Ola, Olivia.

Chove a cachón. Levas moito esperando?

Esta é a segunda xa.

Había moito tráfico.

Veño dende Novos Territorios.

Deixei as nenas con miña nai

porque Minda marchou.

Agora teño que buscar outra asistenta.

Que pasou con Minda?

Non teño gana de falar diso. Desculpa.

- Ola, Señora Chu. - Ola, Kevin. Un té.

- Claro. - Ela, champaña.

Non podo beber. Estou de detox.

Tomará champaña.

Boa elección.

Que?

Hoxe pedín o divorcio.

- Como? - Por iso bebemos.

Brindamos pola liberdade.

Pero se estabades ben. Todo estaba ben.

Olivia.

Non.

Levamos mal moito tempo.

A ver.

David quere divorciarse?

Non, pero non fai falla.

Fode con outra.

Todos teñen aventuras. Non hai por que divorciarse.

Vale.

¿Conteiche o da muller do meu club

que pillou o marido coa rapaza

do karaoke ó que ía?

Perdooulle a aventura,

pero non que lle mercase xoias caras á outra

e a ela das baratas.

Eu merco as miñas.

Xa o sei, pero...

queres ser unha divorciada de 40 anos?

Pasar polo proceso de destrución marital de expatriada?

Eu lémbroas todas.

Hazel Ai, Sherry Chung,

- Padma... - Non sigas.

Aquí teñen.

Xusto a tempo.

Que predicibles son os homes.

Dobraralle a idade á rapaza coa que fode.

A pesar do que decida facer fóra da casa,

es a súa muller e debería importarche máis.

Pensei que David era diferente.

Estou preocupada.

Tranquila, estou ben.

Estou aliviada.

É como cando decides cambiar de vida

e deixar todo atrás.

Ola, Clarke.

Ola, Alan.

Grazas por me recibir.

More Big 5 Code subtitles for Expats

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left