The first 200 lines.
Unha doutora admirada na comunidade
atropelou un grupo de peóns no mercado local.
Morreron tres persoas.
Tras longas xornadas, antes de conducir
adoitaba durmir.
Ese día, non o fixo.
Ía ó aniversario
da súa filla e quedou durmida ó volante.
Non chegou á festa. Non volveu celebrar
o aniversario da súa filla.
Ese día comezou outro aniversario.
Unha celebración indesexable.
Tres pilotos voaban nunha pequena aeronave preto dun remonte.
Unha mesta néboa dificultaba a visión.
Non viron o remonte transportando os esquiadores
e á dereita cortou o cable de aceiro.
O teleférico caeu dende 80 metros
matando no acto os 20 ocupantes.
Logo, un dos pilotos tentou falar coas familias.
Ninguén lle colleu o teléfono.
Un neno mancou o seu irmán xemelgo
na vértebra C7, paralizándoo do pescozo para baixo.
Malia as advertencias da nai,
os rapaces seguiron xogando coma sempre.
A mesa sobre a que caeu sempre estivera alí.
Dende ese día, a vida dos xemelgos
xa non foi a mesma.
Estas historias céntranse na vítima.
Non se menciona a persoa responsable da desgraza.
Ninguén quere coñecer o neno que paralizou ó seu irmán.
Nin a condutora durmida.
Nin os pilotos que cortaron o cable.
Pero eu quero saber dos responsables...
Todo pasou tan rápido.
Quero saber da xente que causou as traxedias.
A xente coma min.
Perdoáronnos?
Seguiron adiante?
Non pasa un momento no que non pense no que fixen.
Ningún momento no que non pense en ti.
Que estarás facendo,
como estarás,
como che vai na vida
cando eu a esmaguei desta maneira.
OS EXPATRIADOS
Falei coa florista antes. As flores están listas
e entregaranas pola mañá sempre que haxa alguén
para recibilos.
Preguntou se podiamos colgar a pancarta?
Si. Podemos, sempre que deixemos as saídas libres.
Xenial.
Aquí ten o menú para que o revise.
Suponse que Anthony é o mellor.
Podo saber que a trouxo a Hong Kong?
A empresa do meu marido ascendeuno aquí. Moi típico.
Vostede traballa?
Traballaba, traballo.
Non o parece?
Perdón... non quería dicir que...
Tranquila. É un tema complexo.
Dedícome ó paisaxismo.
Deseño xardíns para a xente.
Aquí é complicado. Ninguén ten xardín.
Xa, isto é Hong Kong.
Que feitiño.
Teño un sobriño da mesma idade que non me para quieto.
Que lle parece?
É un bo rapaz.
Refírome ó menú.
- Está ben. - Acabastes? Quero marchar.
Case. Só quedan un par de cousas.
- Só un pouco máis, rula. - Vaia, a súa filla é espectacular.
É pintadiña a vostede. Ten máis fillos?
Margaret?
- Ten a lista definitiva de invitados? - Claro que si.
Non a teño impresa, pero mírea no iPad.
Estes son os confirmados.
Ás veces algún falla, pero non creo que pase.
É moita xente.
Tiña que ver a voda que fixemos a semana pasada.
Veu media cidade.
Dar unha gran festa intimida,
pero o meu equipo axudaralles no que precisen.
Organizamos moitas festas.
Créame, está no mellor local da cidade.
Sempre é mellor ter moita xente.
Se son poucos, queda algo triste.
O 50 aniversario do seu home merece unha boa festa.
Cando remate de organizalo todo
seguro que o pasa moi ben.
- Iso espero. - Vai ser unha festa fermosa.
- É hora de marchar. - Vale.
Veña, Daisy.
Que debuxo tan bonito.
Esta es ti, a túa irmá e a túa nai, non?
Quen é este?
É Gus.
- Quen é Gus? - Daisy, vamos.
Temos que marchar.
Grazas.
- Claro. - Vamos.
Adeus.
- Xa o sei, pero non che podo axudar. - Por que non?
Porque é o teu proxecto.
Tía Hilary! Terma da porta.
- Terma da porta! - Agarda, non corras.
Rapaces! Que vos dixen...?
¿Recibistes...
a invitación para o aniversario de Clarke?
Si. Non podemos ir. Temos... outros plans.
Pero felicítao da miña parte.
Entendo.
Sei que as cousas non...
É só que...
Sería xenial se viñésedes.
Falareino con David.
- Xa estamos aquí. - Ola, Essie.
- Ola. - Ola.
- Ola, Essie. - Avós.
Señora, perdoe, acaban de chegar. Ía...
- Tanto ten. - Avó!
Pensei que pasariades o día descansando no hotel.
- Queriamos ver os nenos. - E o tío Peter?
- Está durmido, ten jet lag. - Morro coa fame.
AUSTRALIA ÁREA DE BUSCA
Fixen macedonia.
- Manga. - Xenial!
Espera. Lavade as mans.
Teñen que lavar as mans ó chegar.
- Si, señora. - Grazas, Essie.
Como lle deixas ver algo tan horroroso?
Está obsesionada coas noticias. Non hai que facerlle.
Jing, andáchesme coas cuncas?
Púxenas no armario. Ten máis sentido que estean alí.
Non sei se a festa é boa idea.
- É moi triste. - Xa.
Só queremos que todo pareza normal.
A vosa vida xa non é normal.
- Non comas toda. - Por que finxir?
Xogamos a algo?
- Xoguemos. - Pero estamos coa tele.
Podo tomar un batido de chocolate?
Si, claro.
- Philip? - Si?
Quen...?
Quen é o do debuxo?
É Xesús.
Xesús? Por que o debuxas?
Non quero que o volvas debuxar.
Vale, mamá.
Ei, ruliño. Ven.
Quérote moito.
Sábelo, non?
Eu tamén te quero.
Vai polo batido.
Grazas, mamá.
"Que o señor vos bendiga e vos protexa cada día.
- Que o Señor sexa convosco." - E contigo.
"Bendito sexa o Señor que nos perdoa."
"Señor, ten piedade de nós."
Coma unha galiña, Deus abéiranos baixo as súas ás.
Deus todopoderoso, que no teu amor por nós
enviaches o teu fillo Xesús,
e cando chegou á terra era totalmente humano.
Loitou coma todos nós.
Sentiu a dor e o medo.
- Fuches unha nena mala, non si? - Fun moi, moi mala.
- Mereces un castigo. - Merézoo. Dáme.
- Como dis? - Dáme, por favor, Dirk.
Máis forte. Veña, dáme forte.
Adeus, Bunny.
- Dixen "adeus". - Vale.
Que clase de nome é "Dirk"?
É un nome de branco.
Como Chet, Tucker, Skeet ou David.
Os coreanos tamén teñen nomes raros.
- Como Uri, Yuki ou Suki. - Eses son nomes xaponeses.
Pois coñezo unha coreana chamada Suki.
Seguro que si.
Vale.
Vémonos, Dirk.
Canto?
Sesenta.
Toma.
Grazas.
Este bus vai a Temple Street?
Déixao estar. Baixemos na seguinte.
Collemos o bus que non era?
Non o creo.
Rapaza.
Este bus para en Temple Street?
Son coreana.
Para alí?
É coreana.
Coreana?
Non fala cantonés?
Creo que non.
Dixo que é coreana.
Ei, Puri.
Colliches a roupa na tinturería?
No comments yet. Be the first to leave one.