The first 200 lines.
Marcho.
Din que a carraxe só magoa a quen a sente.
Pero eu discrepo.
A carraxe faime erguer á mañá.
Certo, pódete destruír...
CONFÍA EN MIN.
...ou pódete manter viva.
Todo depende de como uses a túa carraxe...
e contra quen a dirixas.
- Estragar o Nadal e facer o parvo. - Non.
Non ocultamos probas de que St. Hilary sexa unha seita satánica.
- Foi seu cuñado? - Viuna nun restaurante?
- Ei, Jack, espera. Pistas. - Carafio.
- Señor. - Non...
Temos algún sospeitoso crible?
Ao alcalde sentoulle mal o de onte.
- Clyde Duffie. - Merda.
Jack, non te achegues a el, vale?
Oculta algo.
Iso da recompensa é unha cortina de fume.
- E todo isto tamén. - Como o sabes?
Eu teño unha pista.
É certo iso, Jack?
Se fala de Clyde Duffie, si.
Anuario de St. Hilary de 2004. Temos catro amigas.
Rachel Hopkins, Helen Wang, Zoe Harper, Anna Andrews.
As catro eran amigas. Fíxense no pulso das rapazas.
Que é iso?
Pulseiras de amizade de algodón, feitas á man, idénticas a estas.
Atopáronse despois da morte.
Atadas á lingua das dúas vítimas.
E que demostra iso?
As amigas volvéronse inimigas. Falta saber por que.
Rivalidades adolescentes. Un conflito no instituto hai 20 anos. Sospeitas iso?
Si, sospeito iso. E sei que o vínculo existe.
- Quero profundar nesa liña. - Como?
- Interrogando a Sra. Andrews. - A muller de Jack?
- Si, señor. - Priya, espera.
Señor, Clyde Duffie é o noso sospeitoso. Iso é o que investigamos.
- O detective do caso son eu. - Pensei que traballabades xuntos.
- Eu tamén. - Isto descubrino eu soa.
Falei co xefe da Sra. Andrews esta mañá.
Díxome que ela colleu unha excedencia hai 12 meses,
e nese tempo ninguén puido falar con ela.
Logo aparece na televisión hai tres días, sen avisar,
esixindo ir de reporteira no caso do asasinato.
Esixir? Usou alguén esa palabra?
Foron asasinadas dúas mulleres coas que foi ao instituto.
O vínculo existe. Quero explicalo.
Foron moitas nenas ao instituto con Rachel e Helen.
É un instituto feminino, carafio.
Ten razón. E, aínda que non a tivese, por que non Zoe?
Jack, desculpa,
hai tantos motivos para sospeitar de Zoe coma de Anna.
Caralladas.
O sospeitoso principal é Clyde Duffie, vale?
Que é isto? Propoñemos hipóteses ao chou?
- Calma - Non. Tomámolas en serio?
Aparece ela aquí con esa parvada e de súpeto tómana en serio.
Saben o perigoso que é iso?
Anna non é sospeitosa e Zoe tampouco. Entendes?
Tes a foto dun anuario. Nada máis.
A puta foto dun anuario.
Por que imos asumir que o asasino está nesa foto?
"Mentireira."
Helen Wang coñecía o asasino. Hai un patrón.
Coma con Rachel, non hai feridas defensivas nin signos de pelexa.
O asasino sabía que Helen estaba en St. Hilary.
Sabía como entrar sen saltaren as alarmas nin romper ventás.
Quen sabía como facelo? Unha alumna.
Por St. Hilary pasaron miles de alumnas.
Todas saberían iso.
Quen forzou a porta para entrar na escena do crime?
Quen falou coa vítima o día do asasinato?
Dixo que fora invitada pola vítima, pero iso é falso.
Quen levaba unha pulseira de amizade idéntica á atopada nas vítimas, señor?
E logo pregúntese
quen reviviu a súa carreira tras unha ausencia dun ano
pola descuberta dun asasino en serie.
Nunha vila que resulta ser o lugar onde ela se criou.
O ascenso profesional é o móbil? Como me soa iso!
- Queres o meu posto, Priya? - Non oíches, Jack?
- É duro oílo. - O que?
- A rañala. - Escoita!
- Espera. - Que?
Hai moitas pistas. Ponte con elas.
Alégrome. Vaia puta merda!
Que é isto, unha puta trangallada?
Entrevista a señora Andrews.
Tes 48 horas. Logo traio a cabalaría.
Cago na hostia!
Ei, Duffie.
Ten un momento?
Voulle mostrar algo.
Igual pode explicalo. Que é isto, señor Duffie?
- De onde o sacou? - Importa iso?
Ao meu avogado si.
Que é?
É asfixia autoerótica. Que pasa?
Repíteo?
Non, fágoo só unha vez.
Quere seguir finxindo? Quere ver a onde o leva?
De que finximento fala?
Nunca crin ese papel de marido choromicas.
A súa muller...
A súa muller humillábao.
Fodía con todo cristo, Clyde.
Facíao aquí e mais fóra de aquí.
Vostede poñíalle normas, pero ela incumpríaas.
Vostede odiábaa.
Non a quería. Odiábaa, hostia.
E logo quíxolle sacar os cartos.
Pediulle que lle subise a paga.
Negouse e ela ameazouno cos vídeos das pallas. Foi iso?
Feriulle o orgullo, Clyde.
Humillouno como home. E fodeulle os cartos.
E tíñao ben agarrado.
Sabía que os puritanos do norte de Xeorxia
non volverían comprar pizzas feitas polo puto pervertido ese do vídeo, non é?
Un tipo atado con... Que era? Unha mordaza na boca?
Primeiro, ten unha idea moi equivocada do consumidor americano.
Segundo, como deduce todo iso dun vídeo de cinco segundos?
Mire, Clyde.
Escóiteme ben. Non se vai zafar disto.
Matou a súa muller. Matouna.
Logo sacou pasear a cadela chovendo para ocultalo.
Case o consegue.
Logo pensou: "Hostia, onde vai o seu móbil?"
Chamouna moitas veces, despois de dicirlle eu que non o fixese.
Gastoulle a batería.
Borrou as pegadas da roupa e os zapatos.
Case o consegue.
Agás un pequeno cabo solto: Helen Wang, non?
Teño as conversas, mamón.
Teño os datos do teléfono. Chamouna tan pronto marchamos...
Ameazouna? Asustouna?
Imaxino que lle lembrou que era directora de St. Hilary.
"Non quererás aparecer nun caso de chantaxe, non?"
Un vídeo de sexo sórdido.
Tíñaa xusto onde a quería, totalmente controlada.
Pero logo... ela cambiou de idea.
Tivo un ataque de decencia.
Chamou o shériff e pediu unha cita.
Vostede adiantouse e matouna.
É un animal.
É un animal, señor Duffie.
Míreme aos ollos e dígame que me equivoco
Vaia.
Colleume, detective.
Non me gustaba a miña muller.
Era unha puta de alto standing superactiva e superesixente.
Aumentei a recompensa porque dá boa publicidade.
E tentei descargar a batería
para que ninguén vise ese vídeo nin outros.
Rachel facía chantaxe e Helen era cómplice.
Pero non é a min a quen chantaxeaban.
Trapalladas.
Non faga iso. Teño as conversas.
Pon +"C", de Clyde. Aparece a palabra "chantaxe".
Non me conte trolas.
Hai máis nomes que empezan por +C.
- Sr. Duffie, está detido. - Non creo.
Como que? Vai ter que vir comigo.
Sr. Duffie, saia da casa e veña comigo agora mesmo.
Sei quen pode ser o asasino.
Voullo dicir.
Creo que é alguén que a coñece e que non é sospeitoso. De aquí.
A persoa da que menos sospeitaría.
Non sei quen pode ser.
Vendo ese vídeo, só puido saír do teléfono de Rachel.
Quen cre que é, J?
Sr. Duffie, ten que vir comigo. Está detido.
Non. Vou ir ver o shériff para arranxar este cerello dunha vez.
Non fale co shériff, fale comigo. Son o investigador xefe deste caso.
Fodeume a muller. Agora vouno foder eu a vostede.
Sr. Duffie, non suba a ese coche.
Non suba a ese coche.
Un consello.
Busque un avogado combativo. Vaino precisar.
Sr. Duffie, que lle dixen? Non o faga!
Ei!
Merda!
Fun á pousada, pero non estaba.
Xa baixa agora.
Teña tino, que pela.
- Grazas. - De nada.
Ten unha casa preciosa.
Viviu sempre en Dahlonega?
Desde o 79. Sam e eu mudámonos aquí ao que casamos.
Entón, vostede que pensa?
De que?
Dos asasinatos.
Non me parecen ben.
Ten idea de quen puido facer iso?
Detective Patel.
Está ben.
Tome, xefe.
- Houbo sorte? - Si, mire iso.
- Grazas. - De nada.
Diga.
No comments yet. Be the first to leave one.