HIS & HERS

HIS & HERS

Download Galician Subtitle

Season 1

Release info

His and Hers 2026 S01E04 1080p WEBRip 10Bit DDP5 1 x265-NeoNoir
A Commentary by chargephoton88

Tags

webdl
Published on: 2026-08-21
Downloads: 0
Hearing Impaired: No
FPS: 24

Galician subtitle preview

The first 200 lines.

Bo día. Fálolles en directo desde Dahlonega,

onde hai novidades importantes no caso do asasinato de Rachel Hopkins.

Cando os 7500 amigos e veciños esperten hoxe,

enfrontaranse á terrible posibilidade de que un deles sexa un asasino en serie.

Como a situación está cambiando continuamente,

a información é aínda escasa,

sobre todo, no primeiro día do festival da Febre do Ouro,

que é unha época de celebración.

Pero podo confirmar que a segunda vítima é Helen Wang,

a directora do instituto feminino privado St. Hilary.

Isto é todo. Se xorden máis novas, mantereinos informados.

En directo desde Dahlonega, Anna Andrews para WSK.

Os humanos somos capaces de inflixir moito padecemento,

moita crueldade,

moita dor.

Pero a cousa máis perigosa que facemos é mentir.

Aos demais.

E a nós mesmos.

Tiñamos que interrogala onte.

Díxoche Anna que raio facía aquí?

A Srta. Wang seica lle deixou recado na pousada

de que a viñese ver hoxe.

Un sábado?

Dixo que chegou aquí,

viu o cadáver, chamou o cámara e logo a nós.

Vale, mira.

Chama a pousada onde para Anna

e comproba se iso é certo.

- Vou falar con ela. - Teño o seu teléfono.

Deuche a clave?

Non, preguntei, pero...

- Riuse de ti. - Si.

Xa.

- Dános un minuto. - Si, señor.

Retirámonos.

Estás ben?

- Que fas aquí? - Xa llo dixen á túa secuaz.

- Devólvesme o teléfono? - Aquí o tes.

Explícasmo? Paso a paso.

Helen díxome que a viñese ver ás 7:00.

Atopeina morta ás 7:05.

Ás 7:06 chamei o meu cámara.

Ás 7:08 chamei o meu xefe.

Ás 7:45 chamei a emerxencias.

Chamas primeiro o teu cámara e logo a emerxencias?

Xa estaba morta. Son xornalista, por iso fixen iso.

Scott dixo que as portas estaban pechadas. Como entraches?

- Habería que preguntarlle a Helen. - Vale.

Perdoe.

Teño que preguntarcho.

- Onde estabas a noite que morreu Rachel? - Por que?

- Xa o sabes. - En Atlanta.

- Podes probalo, Anna? - É preciso, Jack?

Rematamos con isto?

Si.

Non marches do puto edificio, vale?

Recibimos moitas felicitacións. A Atlanta encántaslle.

- O único é que... É igual. - Non! O que?

Se puideses facer algo para subir a audiencia,

para que non pareza que é favoritismo.

- Verei que podo facer. - Adiante, campioa.

Agradézoo. Grazas.

- Quen é? - O recepcionista.

Chamaron a Anna despois das 00:00 pero o recado déronllo esta mañá cedo.

Foi unha muller quen llo deixou.

Dúas mulleres, mellores amigas desde o instituto, asasinadas.

Usouse un coitelo en ambos asasinatos.

Unha pulseira na boca nos dous casos.

Ambas vinculadas a Clyde Duffie.

Non hai pegadas dactilares. Tampouco da vítima.

Todas as pegadas eliminadas. Igual estamos ante un profesional.

Igual Clyde contratou alguén.

Mira os datos do seu teléfono. A lista das chamadas do último mes.

E comproba se retirou diñeiro das contas bancarias.

Mandoume pedir os antecedentes de Richard Jones.

- Si. - Xa chegaron.

Unha agresión hai tres anos. Rompeulle a mandíbula a unha muller.

Volvo agora.

FORENSE

UNIDADE DE INVESTIGACIÓN FORENSE

POLICÍA

Viches a Anna?

Eu deixaría a túa muller tranquila.

Non está de humor.

Ocúpate da túa merda de matrimonio.

Non sabes nada de min nin do meu matrimonio.

- Os cornos posllos. - Ai, si?

- Si. - Si?

Impórtache?

Se fose muller, igual me partías a cara.

Foi por alí.

CONCELLO DE DAHLONEGA

Señor alcalde, isto vai empeorar moito, pero pódolle axudar, se me deixa.

O concello na tele, máis publicidade. Por que ía botar gasolina ao lume?

- Para loitar contra o lume. - Non. Quítaselle o osíxeno, afógase.

Temos que sacalo do foco.

Esa é unha estratexia moi anticuada.

Agora, se non conta a súa versión, farano outros.

Cal é a nosa versión?

Que esta vila, a súa xente e o seu alcalde son fortes, prudentes e non teñen medo.

Díselles aos estadounidenses que Dahlonega segue funcionando.

E vostede que saca disto?

Eu son de aquí.

Impórtame esta vila. Miña nai aínda vive aquí.

Non o sabía.

Pensei que as persoas famosas

se prostituían contando a súa vida privada por diñeiro.

Creo que igual...

vostede e eu temos experiencias diferentes de criármonos aquí.

Non cre que o seu éxito, quen é vostede, llo debe en parte a Dahlonega?

- Si. - Un consello.

BILL WOODRUFF ALCALDE

En vez de avergoñarse do sitio do que procede,

podía consideralo un privilexio.

E podía cambiar de actitude.

Como?

Dar grazas a Dahlonega.

Xa.

Un consello, se mo permite.

Claro.

Dahlonega vive do turismo.

Xente de orde entre 45 e 65 anos, con cartos para viaxar e gastar,

- É certo? - É, si.

Sabe a quen lle encantan os crimes reais?

Ao precariado que viaxa en caravana, come de táper e busca información na rede.

Se non se poñen á fronte disto os profesionais,

déixaselle á Internet encargarse disto.

Sabe que pasará despois?

A man invisible da opinión pública agarrará unha manda do seu precioso pelo

e meteralle a sona de asasino en serie que mata a economía polo cu, alcalde.

E logo, boa sorte coa reelección.

Entón, que di?

MENTIREIRA

Só leva uns segundos

cando se cortan a carótide e a xugular.

Pero cunha coitelada,

é difícil dicir se se usou o mesmo coitelo ou non.

Non sei se é relevante. Fose o mesmo coitelo ou non,

seguro que quen o usou foi a mesma persoa.

Sabémolo pola pulseira.

Ese detalle non se lle contou á prensa. Debe haber un vínculo entre os asasinatos.

Un momento.

Se no último caso lle cortaron as uñas...

Ten os dous ollos, se iso é o que pregunta.

En ambos casos, hai unha mensaxe.

No primeiro, as uñas. Había unha palabra.

Aquí na fronte. É a mesma persoa.

As grampas poden ser unha mensaxe.

"Facer a vista gorda", por exemplo.

Hai moitos traumatismos oculares.

Cómpre forza para espetar as grampas en tecido brando coma ese.

Doutora, sabe a hora da morte?

Non a hora exacta.

O corpo xa acadou a máxima rixidez.

Normalmente ocorre 12 horas despois nun cuarto ben ventilado.

A pulseira é case idéntica, non?

Si.

Case idéntica á outra.

Non parece gastada.

Os fíos parecen novos.

Podo investigar onde se venden.

Volvemos ao comezo co do seme.

Non sabemos de quen é e Duffie é impotente.

Iso di el.

Saberémolo cando cheguen os resultados do ADN.

Dada a cantidade de consoladores con cinto que atopei no lixo,

podería ser verdade.

Case vomito.

Se Duffie é o asasino, cal é o móbil?

Dixo que tiña regras con Rachel sobre o sexo.

Non podían ser de Dahlonega.

O seme non é seu.

- Ela incumpriu as regras. - Si.

Iso non explica a morte da Srta. Wang.

Si. Temos que investigar a chamada á Pousada Dahlonega,

a súa procedencia.

- Por que? - Foi despois da medianoite.

Helen xa morrera.

- Xa. - Si.

- Dime o que descobres. - Vale.

- Que cona fas, Jack? - Perdoa, Zoe.

- Remexendo nas miñas cousas. - Mira...

Quero saber que é isto.

- Que? - De onde saíu?

- En serio? - Totalmente.

Entraches aquí por isto?

- Non che entrei. - Unha pulseira de amizade.

- Nin que fose do Titanic. - De onde a sacaches?

- De onde a sacaches? - Veña, home.

Fíxonolas Anna para todas.

Anna ten unha?

Serás policía, pero non contesto esa parvada.

Preciso a túa axuda. Que había entre Rachel e Helen?

Helen era lesbiana e Rachel era bisexual, polo menos no instituto.

Tamén lle gustaba a túa muller, pero Anna era unha monxiña.

Por iso deixaron de ser amigas?

Foi hai moito, non lembro. Rachel aburriríase dela.

Espera.

Que foi, shériff?

O alcalde quere facer unha pantomima coa prensa

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left