The first 200 lines.
- Aínda non marchaches. - Ti tampouco.
Selin.
Cres que esa roupa te favorece?
- Espero que non. - De verdade?
Quieta aí!
Ven aquí un momento.
- Ven. - Teño que marchar.
Anda, pon isto. Toma.
- Non chegues tarde. - Marcho. Abur.
Abur.
Estades listos?
Un repasiño rápido.
Como vai a colección de lencería?
Podemos presentarlla ao cliente?
Claro. Pero esperaba algo máis creativo desta volta.
Si?
Ten unha chamada.
- Quen é? É urxente? - É o señor Yusuf.
Si, Sr. Yusuf?
Como que non lle chegou?
Enténdoo. Por suposto.
Xa o sei. Envíollo eu agora mesmo.
Moi ben.
Selin, non mandaches a gráfica que preparaches?
Envieicha o martes por correo.
Enviáchesma a min? Por que non directamente ao cliente?
- Esperaba a túa aprobación. - Teño que aprobalo todo?
Aquí non se move nada se non o aprobo?
Para iso xa o fago eu todo.
Sabes canta xente mataría polo teu traballo agora mesmo?
- Fixen o que mandaches… - Non fixeches o que mandei.
Daquela que facemos aquí máis que perder o tempo?
A que vén esa actitude? Nin que estivésemos salvando o mundo.
Só facemos anuncios de medias nunha oficina de Levent.
A que vén tanta présa?
Chama a seguridade.
Non fai falta. Sei onde está a porta.
Non vou quedar para roubar material de oficina barateiro.
Moi ben.
VOLTA AOS 90 FESTA E MÚSICA SÁBADO 22:00
Seica volviches quedar sen pilas? Veña, que o teu xa cansa!
- Asya, metín a zoca. - Non digas parvadas.
Encarácheste coa Raíña Malvada.
Significa que rompiches o ciclo. É o comezo de algo novo.
Non empeces co das estrelas e os planetas.
Algo me posuíu. Non vexas que cousas soltei.
Esa bruxa merecíao!
Non lle fixo o mesmo a outra persoa hai un mes?
A verdadeira Raíña Malvada espérame na casa.
Cando miña nai o saiba, esnaquízame.
Dille o que me dixeches a min. Despois de todo é túa nai.
Estasme contando ti a min como é miña nai?
É unha maníaca do control. Aceptei este traballo porque quixo ela.
Escolleume a escola, a carreira…
A ver, razón non lle falta.
"Ten éxito coma túa nai. Persigue o teu soño." Non?
Sempre fun unha molestia para ela.
- Non deixaches quedar a planta. - Non é unha planta, ten nome.
Perdoa, Matilda.
Ai, tía Sevinç, descanse en paz.
Se estivese aquí, abrazaríame en silencio.
Entón soltaríame: "Que lle fixeches á planta?
Vaia maneira de coidala."
Family Safety App Sei onde estás. Cando pensas chegar?
E como ía sabelo?
Trátame coma unha nena. Púxome unha app de rastrexo no móbil.
Que vas facer?
EDITAR - COMPARTIR - ELIMINAR
QUERES ELIMINAR FINDERCHILD?
Iso.
MAMÁ
Vaia horas, e aínda non chegou.
- E bótasme a culpa a min. - Que parvada. Por que había culparte?
Confía un pouco máis nela, que xa non é unha nena.
Pois que non actúe como tal, Sinan.
- Onde andabas, rula? - Aquí.
E logo isto é un hotel?
Pasas a noite por aí, volves, comes, dormes…
Que comodidade.
Quedei con Asya, nada máis.
O mundo derrúbase e ti de festa.
Chamáronme do teu traballo.
Montaches unha escena, falaches o quen non debías
e marchaches sen máis.
Non poderías preguntarme por unha vez? Pregúntame por que marchei.
Por que marcharía? A historia de sempre.
Matámonos para conseguirlle un bo traballo antes de rematar a carreira
e que colla experiencia para que destaque, non si?
E que fai ela? Colle unha perrencha e marcha.
Por que? Porque non é o traballo soñado.
Como aos demais nos encanta o noso, non si?
Dun caso a outro todo o día, arranxar problemas alleos, verdade?
Como ti non es feliz, eu tampouco podo?
Que queres de min?
Seica che teño a culpa de que non teñas un rumbo?
Sempre o que digas ti. As túas regras e o teu xeito.
Ruliña, falamos da túa vida e do teu futuro.
Recóllese o que se sementa.
Si, é a miña vida, pero non teño nin idea do que quero.
Non sei o que farei porque sempre decidiches por min!
Dende a que escola ía ata a cor do meu propio cuarto.
Selin, abonda.
Queres que vivamos segundo as túas normas, non si?
- Pois míranos. - Acabouse. Ao teu cuarto.
- Por iso marchaches, papá? - Xa está ben!
Deixa de culpar a outros.
Por unha vez, asume a túa responsabilidade.
Acaba o que empezaches.
Sorpréndeme.
Vendín a casa de verán.
O que?
Era da avoa. Como que a vendiches?
Non tes lembranzas alí? Non pasaras alí a túa xuventude?
Non coñeciches a papá alí?
Levabamos tempo sen ir.
Xa ía vella.
En dous días vén o comprador.
E agora dareiche un traballo. Mira que bo momento.
Mañá vas e empezas a embalar.
Isto é incrible.
Dixéchelo porque estabas anoxada ou é certo?
Vendín a casa, Sinan.
Sen preguntarme? Eu non podo opinar?
Non estás aquí.
Iso non é xusto. Agora estou, non si?
Grazas, non tiñas por que vir.
Algunhas cousas nunca cambian.
E outras cambiaron moito.
Coma ti.
Que hai da antiga Zeynep?
Eu tamén a recordo.
Os seus soños, a felicidade, a liberdade.
Que foi de todo aquilo?
Todo quedou a un lado.
Rendícheste comigo.
Ambos o fixemos.
Sempre estiven aquí.
Teño que ir marchando.
Volves ao hotel?
De momento, é mellor así.
Boas noites.
- Avoa, que fas? - A raioliña da avoa!
Ven acó. É coma ti, un abrolliño.
Estouno plantando.
Para que medre forte na terra, miña Selin.
Ai, a raioliña da avoa!
A raioliña da avoa, o meu anxiño!
Que non teño rumbo. Pregúntome por que serei así.
Pola túa culpa. Pero non escoitas.
Porque claro, ti sábelo todo.
A CASA DE VERÁN
Sabes canta xente mataría polo teu traballo agora mesmo?
Deixa de culpar a outros.
Por unha vez, asume a túa responsabilidade.
Acaba o que empezaches. Sorpréndeme.
Razón non lle falta.
"Ten éxito coma túa nai. Persigue o teu soño." Non?
"Querida amiga, Zeynep."
Con cariño Céline
Céline.
Que raro.
Avoa, que guapa eras.
EZGI, KAAN, MINE, ZEYNEP, SINAN, DORUK AGOSTO DO 96
Estou no teu camiño, ven onda min.
Non preguntes como estou, terá fin? Non teñas medo.
- Es o único dono do meu corazón. - Si.
Agora volves onda min. Non tiñas outro ás na manga?
Está doce de máis.
Está a soar, mais non podo contestar. Nada do que invento serve.
Anímate un pouco.
O corazón treme, está volvéndome tola. Non me interesa, non o entendo.
Saúde.
Por máis voltas que lle dea a este amor, todo sae mal.
Non teño nada, nada. Non hai solución.
De nada serve fuxir. Este corazón non deixa de rebulir.
Volves empezar? Non vou picar.
Quero ser a túa Bonnie e ti o meu Clyde. Fuxamos deste lugar.
Vaia coa señora Zeynep.
A min nunca me sorriches así.
E nunca me deixas sorrir.
Oxalá puidese verte cando eras nova.
"9 de agosto de 1996."
Vaites.
Historia antiga.
Aproveita esta oportunidade. Xunta cupóns desde hoxe
e o altofalante estéreo será para ti.
Que pasa?
As présas, as tarefas, as responsabilidades,
a xente máis lonxe…
Ás veces basta con escoitar a voz de alguén para sentirte en paz.
Zeynep.
Perdoa, cariño. Asusteime ao verte aí parada.
Avoa?
Es unha das novas inquilinas de abaixo? Precisas algo?
Ruliña?
Ruliña?
Xeado!
Xeado!
Estou soñando? Quen é esta xente?
Que pasa aquí? Están rodando unha peli?
No comments yet. Be the first to leave one.