The first 200 lines.
Cago na puta!
Cago na hostia!
Tiveches que facelo, carallo!
Dálle, veña, cago en...
Dálle polo cu! Así me gusta!
Cago en tal!
Levou moito tempo,
pero agora entendo por que se torceu todo.
Todo se remonta a isto.
A este sitio.
Á xente que fixo o que non debía facer.
Conserva esa elegancia, Zoe.
Merda.
Ola, Jack.
Jack.
Jack.
Todo ben?
Anna!
- Que? - Incrible.
Ségueche gustando facerme mal.
- Encántache. - Non montes dramas.
En canto podes, apuñálasme no lombo.
Moi boa a hipérbole, tendo en conta o crime.
"Confía en min. Douche palabra."
- Eu non dixen: "Confía en min". - Sobreentendíase!
Vou estar aquí unha tempada. É mellor tentarmos coexistir.
Coexistir? Está aquí el?
- Quen? - O teu mozo.
O meu cámara.
Vale, o cámara.
Fixo un traballo moi estimulante hoxe.
Non sei que gravaría, pero para as noticias non era.
Ten graza?
Perdoa, nin que ti foses moi casto.
Que ía facer eu? Que querías que fixese?
Tiña que esperar por ti? É iso?
Pois si, iso é xusto o que debías facer, hostia!
Se fixese iso, cambiaría algo?
Non sei.
Xa.
Mira, igual tes razón. Debiamos...
Si, tratar de coexistir.
Ti fas o teu traballo, eu o meu. Cada un vai polo seu camiño.
- Si, vale. - Vale.
Vale.
Xa tes algún sospeitoso?
Tía, non o podes evitar, non?
Que? Fago o meu traballo.
Dime se Duffie é sospeitoso.
Non sei, Anna...
- Deus... - Que?
Que?
Nin entrevistaches o seu home, non?
Fun á súa casa e non estaba. Xa falaremos con el, vale?
- Mantenme informada! - Si, vale.
Morreu alguén, nesta vila. Alguén que coñecías.
Morreu unha persoa de carne e óso.
Non estorbes. Voute mandar arrestar.
- Acusada de que? - Ser unha cabrona.
Incrible.
- Que é? - Unha pulseira.
Unha pulseira de amizade.
- Que? - Como o sabe?
Miña irmá tiña unha. É cousa de adolescentes.
Eu fun adolescente e nunca tiven unha desas.
Diría que tivo moitas amizades, detective?
Farémoslle a proba do ADN. Aínda non teño as súas mostras.
Si, levámolos para a casa.
Leva cinco segundos. Fágano e xa está.
- Temos que ir onda o marido. - Xa dixo iso onte.
Caramba...
As miñas condolencias, señor.
Sr. Duffie, sabe por que a súa muller estaría aparcada no bosque?
Para foder, imaxino.
Teño diabetes e insuficiencia cardíaca.
Raras veces consigo ter unha erección.
A infidelidade da súa muller non lle preocupaba?
Eu non diría tanto.
Non escollín padecer do corazón.
Pero non lle boto a culpa a Rachel.
Unha muller nova, cunha libido sa.
Vostede ten idea de con quen...
con quen podía estar esa noite?
Tiñamos un acordo.
Fóra da casa, fóra de Dahlonega e sen nomes.
Homes, mulleres...
Rachel prefería o sexo con xente que non lle importaba.
Canto máis distantes, mellor.
Gustábanlle os coches.
Encantábanlle as camionetas.
Coches e camionetas?
Fornicar neles.
Parecíalle excitante e sucio.
Facelo ás agachadas, coma se estivese no instituto.
Por iso ía ao bosque.
Non parece que tivese moi boa opinión da súa muller.
Engánome?
Está casado, detective Harper?
Si, estou.
Quíxenlle á miña muller.
Fíxome feliz.
Rachel tiña unha enerxía desbordante,
unha vitalidade que me parecía... embriagadora.
Se cre que non teño boa opinión dela, é por prexuízo seu, non meu.
- Vale. - Que lle gustaba o meu diñeiro, ser rico?
A quen non?
Iso é importante aquí e en todos os sitios.
Como funcionaba o do diñeiro?
Tiñan conta compartida?
Rachel desbaldía bastante.
Eu gañaba os cartos e ela gastábaos.
Ás veces de xeito excesivo. Eu dáballe unha boa paga.
Pero...
eramos un equipo.
Parecerei un mexericas.
Perdoen.
Perdoe que o pregunte, pero...
onde estaba vostede a noite que morreu?
Na casa, maiormente.
Haberá alguén que o poida confirmar.
Mary Ann.
Rachel sae.
Saco a Mary Ann.
Volvemos á casa.
Fai iso normalmente? Pasear a cadela cando chove?
Se hai que ir, hai que ir.
Aínda que haxa unha tormenta eléctrica?
Pesa uns cen quilos. Limparíalle vostede a caca?
Non.
Podía rebobinar para ver saír a Rachel de novo?
Claro.
Aí. Grazas.
Fala con alguén por teléfono cando sae da casa.
A súa muller dicíalle a onde ía?
Polo noso acordo, pensamos que era mellor que non.
Pedímoslle á compañía que localizase o teléfono.
Esperemos que estea cargado e aceso.
Está aceso, si.
Chameina onte moitas veces e esta mañá para oír a súa voz no contestador.
Estráñoa.
Sr. Duffie, enténdoo.
Pero vai ter que deixar de facelo.
Cada vez que chama, gasta batería.
E diminúe a probabilidade de atopalo. Entende?
Si, entendo.
Oxalá atopen o teléfono.
Se descobren con quen falaba, saberán con quen se deitou.
E seguramente será quen a asasinou.
Grazas, Sr. Duffie,
pero é mellor non tirar conclusións precipitadas.
Muller asasinada ou desaparecida...
Primeiro o home, despois o mozo.
Eu sei que non fun eu.
Precisamos esas gravacións de vídeo.
E tamén as súas impresións dixitais, unha mostra de ADN
e a roupa coa que sacou a cadela.
Aquí está, detective.
Esa roupa?
Esta está limpa.
Laveina e sequeina esa noite.
- Lava os zapatos? - Estaban cheos de lama.
E por que tiña todo xa preparadiño para nós?
Eu non sabía que a mataran.
Se mo permite,
por que cre que a Rachel lle gustaba o sexo con xente que non lle importaba?
Falou de persoas distantes.
Dixo que os orgasmos máis fortes eran cando a parella estaba debaixo,
literal e figuradamente.
Seguramente llo dicía á persoa coa que estaba,
probablemente mentres estaba dentro dela.
Por que di iso?
Rachel,
a pesar das súas virtudes,
tiña unha vea cruel.
Cre que iso contribuíu á súa morte?
Corenta coiteladas.
Cabreou a alguén.
- Como o sabe? - O que?
Dixo que a súa muller recibiu 40 coiteladas. Como o sabe?
Díxomo Anna Andrews.
- Era a presentadora de WSK... - Sei quen é.
Seica falou coa metade dos axentes do seu departamento.
E sabía moito máis ca vostedes.
- Cando veu Anna Andrews? - Á mañá. Petou na porta ás 6:30.
Pediulle unha entrevista?
Si, pero negueime.
- Xa. - Pero...
Pero que, señor Duffie?
É moi insistente.
Señor Duffie, nesa entrevista,
preguntoulle ela algo que nós non preguntamos?
Se Rachel lle diría a alguén con quen quedara.
Xa.
Xa. E que respondeu?
A súa mellor amiga, Helen Wang, a directora do colexio St. Hilary.
Dígocho eu, Jim, Duffie é doado de convencer.
Si, creo que goza co papel de viúvo aflixido.
Poríalle máis presión.
Bagulla moito?
A caldeiros.
No comments yet. Be the first to leave one.