The first 200 lines.
FOGAR
Non deixaba de pensar en ti.
En como che iría, no que estarías facendo.
Se son sincera, non sei se quería que che fose ben.
Alégrome de que me contestaras.
Non sabía se seguías en Hong Kong ou...
Nós ímonos mudar ós EUA. Cómpre facelo
polos nenos.
Necesitan ser quen de vivir.
Supoño... que todos o precisamos.
Ata ti.
Que?
Canta ti.
- Non a sei. - Deberías.
Nunca me sentín tan coreana como aquí en Hong Kong.
É o que din sempre os teus amigos sobre min.
"A moza de Charly, a coreana."
Parécelles bo.
¿Sabes que non é o mesmo ser coreana
que coreana-americana?
Pero sabes cousas sobre Corea, non?
Oíches falar das manifestacións?
Lee Han-yeol e Park Jong-chul?
Inspiran moito.
Non che sei. Queens queda lonxe de Corea do Sur.
Só te queren coñecer.
Nos EUA, iso sería unha microagresión.
Os americanos sodes uns miñaxoias.
Miñaxoias?
Queredes auga?
- Si. - Acaban de chegar as mercancías.
- Grazas. - Marcho. Teño que falar co xefe.
De verdade tes que ir?
Hai moito que non me dan unha quenda e é raro.
E quedo pobre.
Deica logo.
Veña.
Tardarán meses en atender as nosas esixencias.
Cres que chegaremos a unha solución pronto?
Iso non depende de min.
Fálanos do teu arresto.
Sempre se fan sacrificios persoais cando alguén ten que dar a cara.
A nosa xeración xa é irresponsable.
Temos que loitar...
Mercy!
Mercy!
Adiante.
Lin a túa mensaxe. Todo ben?
Non vou andar con mexericadas.
Queixáronse de ti.
O tipo da festa de Tregunter?
Meteume man cando lle servín as endivias.
Debería demandalo.
E solucionábase.
É un feito.
Un cliente afirma que faltaban cartos dun bolso.
Describiute claramente.
Claramente? Que dixo?
Sabía o teu nome.
Que? Como?
Sorte que non presente cargos.
Son inocente.
Que inxusto. Que vou facer agora?
Case non podo pagar a renda.
Miña nai vén nun par de semanas e estou cagada.
Quero ter boas novas que contarlle.
Nunca as teño.
Ás veces busco nos xornais historias
sobre asasinos en serie, nenos que caen das fiestras
porque a nai os deixou sós.
Ou esa muller que tiña un mono.
Sedouno cando tiña visita,
non foi ben e arrincoulle
a cara ó amigo.
Fai que me sinta mellor.
Ler sobre todo o caos,
sobre o horrible que pasa no mundo.
Así finxo que todo vai ben.
Que non fixen algo malo.
Así, ó mellor, síntome menos soa.
Alégrome de que todo fora ben coa xefa.
Non queres?
Vale.
Vounas comer todas.
Moita larica tes ultimamente.
Non teño.
Estás mellor... Gústame.
Estabas moi delgada.
Agora es feliz.
Duchámonos antes?
Ola.
Ei, Mercy.
David? Que fas aquí?
Intentei falar contigo.
Podemos falar?
Que pasa?
Quere que marche.
Creo que non lle gustas.
Perdoa, son David.
Charly.
Chameite e...
Perdoa, impórtache ir subindo?
- Claro. - Agora subo.
Si.
Sei que os dous precisamos tempo.
Pero necesito saber que pensas.
Antes parecía non importarche.
Parecía que non querías saber nada disto, de min.
Xa. Fun un cabrón. Síntoo.
Decateime de que é un agasallo.
- Un agasallo? - Si, o bebé.
Ou xa...
Ceos, fixéchelo?
- Facer o que? - Como?
Non o fixen.
Vas quedar con el?
Non o sei.
Mercy, é tarde. De canto estás? De catro ou cinco meses?
Teño o contacto do xinecólogo ó que van todas.
Está no Matilda.
Chámanlle o Ritz do Peak. Din que é o mellor.
Págoo eu, claro.
Tranquilo.
- Non podes pagalo. - Xa verei.
- Basta. Necesítasme. - Non quero iso.
Son o pai. Teño dereito a tomar decisións.
Tes dereito? Estás seguro?
Sabes o que? Fai o que queiras.
Estamos de acordo.
Quero facer as cousas ben, vale?
Fíxenche un cheque para que non te sintas mal
polo tema dos cartos.
Grazas. Pero se o fago, será ó meu xeito.
Vale. Pois entón marcho.
Vale. Como queiras.
Ola. Pois ese era David.
Xa o escoitei.
Hai que volver á manifestación.
Agarda, quero contarche algo.
É sobre aquel neno?
Gus?
Non.
Así foi como nos coñecemos.
Quen?
David e eu.
Foi a noite que desapareceu Gus.
Foi moi amable.
Levoume á casa.
Se me queres dicir que estivestes xuntos,
non pasa nada.
Non, non estivemos xuntos. Non foi...
unha relación.
Está casado e...
Deixoume preñada.
Que?
Agora?
Díxenlle que nin se me achegase.
Dende cando o sabes?
Non sei.
Hai uns meses.
Uns meses?
Ves o que che dicía?
Estou fodida.
Non podo escapar da maldición.
Sempre estará aí,
sempre a cago, mesmo antes de poder...
Poder?
Poder ser feliz.
Poder vivir, liberarme disto.
Como me podes dicir a min que non puideches?
Non quería ofenderte.
Bótaslle a culpa á maldición, como se non puideses decidir
ser feliz.
A diferenza de moitos, ti podes decidir.
Non marches.
Tes moita sorte e non o ves.
Tes unha carreira, un pasaporte americano.
Tes liberdade.
Agora estás preñada dun ricachón.
De quen é a culpa agora?
Da súa muller? Ela tamén é parte da maldición?
Son eu?
Ou é que ti non pensas en ninguén, só en ti mesma?
Charly, quero ir contigo.
Por que?
Para presumires na casa que te manifestaches?
Non é a túa loita. Nunca o foi.
Es unha turista.
Non lle afecta ó teu futuro. Ti podes marchar.
Outra bendición que seguro que non ves.
En realidade, nunca pensei en ti.
Podía facelo porque non sabía nada sobre ti
e era máis fácil.
Ata que unha amiga me abriu os ollos
e vin que tiña razón.
Non imaxino que pensarás de min.
Canto me aborrecerás.
E deberías.
Eu estaría enfadada.
Mira quen chegou!
No comments yet. Be the first to leave one.