The first 200 lines.
Por onde comezo?
O que en realidade quero dicir é
que as miñas orixes fanme ser quen son.
Eternia, un mundo de beleza infinita.
Todo iso que só existe nas lendas e nos contos,
en Eternia é real.
Grifóns, dragóns, tigres que falan.
Bosques encantados, desertos ardentes, illas no ceo. Hai de todo.
Xúrovos que non bebín.
E despois temos o castelo Grayskull.
Meu pai díxome que Eternia era o corazón do cosmos.
Grayskull é o corazón dese corazón.
E entendo que o corazón do corazón
do corazón é o Poder de Grayskull.
Din que pode facer que un home sexa tan poderoso coma un deus.
Para mantelo a salvo, o Poder gardouse nun obxecto,
nunha espada antiga chamada Espada do Poder.
Si, xa o sei. Pero decidiron chamala así.
Conta a lenda que, cando Eternia estea en apuros,
aparecerá un heroe que collerá a espada
e, xa sabedes, empregaraa …
abraiantemente.
Ata entón, gardouse dentro do castelo
e era a Feiticeira quen a vixiaba,
unha muller sabia, vella
e que daba un pouco de medo, a verdade. Pero ela é xenial, si.
Durante centos de anos, os meus devanceiros protexeron Grayskull.
Proveño dunha liñaxe incrible de heroes poderosos.
Nobres, fortes, valentes.
Mamá, non quero loitar.
Todos son máis grandes e máis fortes ca min.
E non teño boa coordinación.
- Vaia parvada! Quen che dixo iso? - Cringer.
É certo. É o máis pequeno e o máis débil.
É un milagre que non rompese ningún óso e que siga vivo.
Que debería facer entón o príncipe no canto de adestrarse?
Non sei. Pasar o tempo e xogar con Cringer.
Ti vai. Eu entretereime cunha bóla de lá.
Non axudas nada.
Teño que ir?
Vaite adestrar. Veña.
Escoitade, futuro orgullo de Eternos.
Non temos estatuas de perdedores.
Non hai rúas con nomes de covardes.
E ninguén vos eloxiará por facelo o mellor que poidades.
Este terreo, ese palacio e as vosas vidas
construíronse grazas a homes e mulleres que loitaron e gañaron.
Eu son o Man-At-Arms do rei e gañei moitas batallas.
Por iso estamos aquí.
Eu salveilles o cu aos vosos pais e ás vosas nais.
Salveilles o cu aos vosos veciños, salveilles o cu ós pais dos vosos veciños.
Son moitos cus. O que quero dicir é que loitei por vós,
e agora vós loitaredes por min con bos reflexos,
excelente puntería e gloriosos músculos.
E con isto.
Alguén sabe o que é?
É un pau.
Grazas por dicires o obvio.
Alguén o sabe?
Teela?
Os teus brazos.
Aí estás ti!
Son os vosos brazos, unha extensión do voso corpo.
Veña, facede parellas e collede as armas.
Quero ver boas mazaduras.
Quero ver sangue no nariz, quero ver dentes rotos.
Veña, adiante. Mantédevos firmes.
- Ei, Dian. Queres…? - Se fose real, xa morrerías dúas veces.
- Adam. - Atende!
Tes que mirarlle aos ollos cando lle zoupas na cara.
Deféndete ou dareiche máis forte.
E se sentamos e falamos?
Ei, Adam. Ti fai o que poidas, si?
Vale. Teela.
Que clase de amiga es?
Das que che dan unha malleira.
Duncan.
Que tal o están a facer os novatos?
Son un bo grupo e moi aplicados, señor.
Todos?
Non bailes, Adam.
- Veña. - Pégame!
Está a facer o parvo.
Prometinlle que o convertería nun home, e así o farei.
Xa. Pero en que clase de home?
- Adam! - Ti dáme!
Ben, acaba de desarmala.
Isto non funciona así, vello amigo.
Gañei!
Mira que es parvo, Adam.
Rapaz.
Loita contra min con isto.
Veña, cóllea.
E agora…
deféndete.
Papá.
Papá!
Neste mundo non se pode ser débil.
Si, papá.
Repíteo.
Neste mundo non se pode ser débil.
Adam, arriba!
Érguete.
Cando caes…
tes a oportunidade de erguerte, vale?
Móstrate forte.
Cando dea a volta, vaite ver.
Tes que demostrarlle que podes con isto.
Cando dea a volta, non vai ver un rapaz asustado,
vai ver un home.
Que vai ver?
- Un home. - Moi ben. Mira.
Cando dea a volta…
Vai, rapaz.
Rematou a función. Volvede ao adestramento, veña.
- Adam. - Que fas aquí?
Estaba a seguirte.
Xa, pero é que quería estar só, así que…
Non sexas parvo.
A min non me pareciches débil, sabes?
Hoxe no adestramento.
A meu pai si.
Esa é… a Feiticeira?
Que está a mirar?
Rei Randor, atácannos.
Teño a situación controlada, señor.
A Garda Real está adestrada para isto.
Prométolle…
que vostede e a súa familia estarán a salvo.
Levareinos ata Grayskull. Gardas!
Tranquilo.
Non te afastes.
Teela, vamos!
Papá.
Teño medo.
Quen che ensinou esa palabra? Eu non.
Todo sairá ben, meu sol.
Pase o que pase, mentres eu estea aquí, non tes que preocuparte, vale?
Veña.
Agora! Vamos!
Son moitos.
Iso só significa unha cousa.
Temos máis obxectivos.
Vamos!
Síganme.
Iremos por aquí.
Moi ben, esperen aí.
Estes mingurrias de palacio…
Señor, saian e non paren.
Veña, acabarei eu con isto.
Seica buscas pelexa?
Non te achegues máis.
Como te atreves a entrar na miña cidade? Non sabes a quen te enfrontas?
Por que non mo dis ti?
Son Duncan, capitán da Garda Real.
O maldito Man-At-Arms do rei.
E hoxe…
E hoxe…
fracasaches.
Papá.
Veña, levanta. Érguete. Veña, por favor.
Teela.
Fracasei.
Vamos.
Agárrate.
O reinado de Randor remata esta noite.
Tíñaste por moi forte e deixaches de temer os perigos das sombras.
Eu estaba alí.
Estaba espreitando.
Nos máis profundos e escuros recunchos do universo
eu espreitaba.
Pero agora saio á luz.
Así presenciarás a túa caída.
Marchade. Non volvades.
Adam, tranquilo, fillo. Protexereite.
Sé forte, fillo. Retereinos.
- Papá? - Ide!
Papá!
Que me vas facer, demo?
Só che vou cortar a cabeza.
Tanto ten cal sexa o meu final, Eternos nunca será teu.
O teu palacio só son ladrillos e cristais.
A túa coroa é un disfrace.
Eu o que quero é o poder.
Evil-Lyn?
Evil-Lyn.
Ben falado, señor Skeletor. Todo poesía.
Levádeo. Chegou o seu fin.
Cando abra o día,
Eternia presenciará o meu ascenso.
- Xa está, rematei. - Claro, señor.
- Cando remato, levanto así o puño. - Si.
Ese é o gran momento!
Terémolo en conta no futuro, señor.
Xa veñen.
Grayskull caerá.
Non, aguantará.
Tráeme a espada, rapaz.
Si, apura.
Tes que levar a espada a un lugar seguro, ben lonxe de aquí.
No comments yet. Be the first to leave one.